Ducias de persoas asistiron o pasado venres na praza do Concello de Barreiros á clausura do curso de hip hop e baile moderno, que se veu desenvolvendo nas últimas semanas organizado pola Concellería de Cultura. Os veciños desfrutaron das demostracións realizadas polos participantes en dito curso. Tamén o venres no mesmo escenario desenvolvéuse o concerto didáctico ofrecido por SON+D2. O acto enmarcóuse dentro dos Camiños de Cultura 2011, que organiza a Xunta.
Actividades na praza do Concello de Barreiros