Site icon Crónica3.com A Mariña

A delegada da Xunta entregou os premios da primeira etapa da regata Transgascogne en Ribadeo

Nota de prensa:
RAQUEL ARIAS PRESIDIU HOXE A ENTREGA DE PREMIOS DA PRIMEIRA ETAPA DA REGATA ‘TRANSGASCOGNE 6.50’ A SÚA CHEGADA AO PORTO DE RIBADEO

A delegada territorial destacou o potencial turístico da zona e o promoción que esta actividade supón para a costa lucense
A Xunta promoveu a Ribadeo como punto de chegada da primeira etapa e de saída da segunda como parte do plan de actuación para a promoción da mariña

Ribadeo, 28 de xullo de 2011.- A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, presidiu hoxe na Aula de Exposicións do Club Náutico de Ribadeo a entrega de premios da primeira etapa da regata Transgascogne 6.50, que arribou á costa da Mariña logo de partir de Port Bourgenay, en Francia.

Raquel Arias destacou a importancia desta iniciativa para Ribadeo e para a Mariña lucense, debido ao “gran impulso turístico e promocional que a Transgascogne supón para a costa lucense”, nun acto no que se entregaron un total de doce galardóns a distintos participantes da regata. Precisamente, Arias entregou o primeiro premio a David Raison, patrón da embarcación TeamWork Evolution, como gañador da etapa inicial da regata.

Xunto a delegada territorial no acto tamén estiveron presentes José Carlos Rodríguez Andina, xefe territorial da Consellería de Cultura e Turismo; Michele Daviet, tenente de alcalde de Talmont Saint Hilaire; Mario Coto, presidente do Club Náutico de Ribadeo; e Víctor Montero, director da empresa Asma, especializada na organización de actividades de vela náutica.

Ademais destes recoñecementos, os 54 navegantes que finalmente chegaron a Ribadeo, foron homenaxeados con diversos agasallos e recordos. A representación institucional que chegou ao concello lucense procedente da localidade francesa de Talmont Saint-Hilaire, onde se atopa o punto de partida desta Transgascogne, recibiu una figura conmemorativa.

O sábado 30 está previsto o comezo da segunda etapa da Transgascogne. Ata entonces, terán lugar distintas actividades para os participantes da travesía, coma a excursión a praia de As Catedrais ou unha visita a Mondoñedo.

En total, ata 47 barcos, cinco dos cales levaron a cabo labores de apoio durante a primeira etapa desta carreira mítica, arribaron ao porto lucense entre o martes 26 e a xornada de onte, mércores. O concello ribadense dispuxo una serie de servizos para todos os participantes, entre os que destaca un posto de fisioterapia para atender pequenas molestias dos tripulantes ou axuda a reparación de velas e calquera tipo de problema técnico que poidan sufrir as embarcacións.

Exit mobile version