Nota de prensa
CELTA PRIX PROCEDEU ESTES DÍAS A BALDEAR AS RÚAS DE BURELA, SEGUNDO EXPLICOU A CONCELLEIRA DE MEDIO AMBIENTE. PATRICIA LÓPEZ EIJO ANUNCIOU QUE NAS VINDEIRAS XORNADAS REALIZARASE A LIMPEZA DAS MARQUESIÑAS EN TODO O CONCELLO.
Burela, 12 de xullo de 2011. Celta Prix procedeu estes días a baldear as rúas de Burela, segundo contaba esta mañá a concelleira de Medio Ambiente, Patricia López Eijo. Nas vindeiras xornadas realizarase a limpeza das marquesiñas en todo o concello.
A edil popular explicou que “nos últimos días estivemos a proceder ao baldeo das rúas da nosa vila con medios mecánicos por parte da empresa concesionaria do servizo de limpeza que é Celta Prix. Levamos adiante esta medida para ofrecer a mellor imaxe de Burela tanto ós veciños como ós que nos visitan nesta época do ano”.
Patricia López Eijo anunciou que “nos vindeiros días tamén se vai efectuar a limpeza das marquesiñas que hai en Burela. Quero aproveitar para lembrar a prohibición de colocar carteis e pegatinas nas marquesiñas, nas farolas e nos contenedores”. A responsable de Medio Ambiente sinalou que “ vimos detectando desde hai algún tempo esta práctica de pegado de pegatinas e carteis e desde o equipo de goberno queremos correxir esta situación. Non queremos que con estes hábitos se dane a imaxe de Burela. Queremos que Burela estea limpa, o máis limpa posible, e que sexa un exemplo a seguir”.
Eijo adiantou tamén nesta xornada que “proximamente desde a Delegación de Medio Ambiente do Concello de Burela anunciaremos a realización de varias campañas de sensibilización en materia medioambiental”.