A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello Burela impartirá unha charla sobre “DNI Electrónico”, que terá lugar o martes 26 de xullo ás 19 horas. A segunda charla, “Sinatura electrónica de documentos emisión e validación”, celebrarase o xoves 28 de xullo ás 19 horas. Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse ao Aula CeMIT de Burela sito Casa da Xuventude – Rúa do Cancelo 1, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.burela@xunta.es
A aula Cemit do Concello de Burela acolle 2 charlas