Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación “Mujeres de San Ciprián” ensinan pintura, manualidades, artesanía e telas na Casa da Cultura

Nota de prensa

Inaugurouse na sala de exposicións da Casa da Cultura de San Ciprián.

A ASOCIACIÓN “MUJERES DE SAN CIPRIAN” INAUGUROU A EXPOSICIÓN DE TRABALLOS FEITOS DURANTE O CURSO 2010-2011

· Pintura, manualidades, artesanía, telas, obradoiros ofertados pola Asociación.

Cervo, 28 de xullo de 2011.- A Asociación Mujeres de San Ciprián inaugurou, na sala de exposicións da Casa da Cultura de San Ciprián unha mostra cos traballos feitos polas súas asociadas durante o curso 2010-2011.

Tratase da primeira actividade organizada por este colectivo de mulleres trala renovación da súa Xunta Directiva, a cal quedou conformada da seguinte maneira: Presidenta: Amparo Pernas Martínez; Vicepresidenta: Antonia Quelle, Secretaria: Pilar Armada, Vicesecretaria: Rogelia Abad, Tesoreira: Julia Moscoso, Vogais: Luisa Baltar, Ángeles Martínez, Antonia Casas e Antonia Mon.

A mostra acolle desde pintura, manualidades, artesanía e telas bordadas resultado do traballo das asociadas nos distintos obradoiros ofertados pola asociación.

O colectivo estivo arroupado pola Delegada Territorial Raquel Arias quen ten amosado unha vez máis o seu compromiso cas asociacións de mulleres en Cervo.

Tamén estiveron presentes no acto de inauguración o Alcalde de Cervo, Alfonso Villares e outros concelleiros que quixeron deste xeito dar a benvida á nova directiva e brindarlles o apoio da administración local para o desenrolo das actividades da asociación, como o viñeran facendo ata o momento.

A Presidenta, Amparo Pernas, salientou que a parte los talleres habituais ofertaranse outros novos como son os talleres de Cociña Saudable e distintas Charlas sobre a prevención e combate de doenzas e enfermidades.

Exit mobile version