Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación Abrindo Camiño inicia en Foz as IV Xornadas do peregrino- homenaxe a Alvaro Cunqueiro

Nota de prensa

IV XORNADAS DO PEREGRINO- HOMENAXE A ALVARO CUNQUEIRO NO 100 ANIVERSARIO DO SEU NACEMENTO-

Hoxe sábado, día 9 de Xullo de 2011, ás sete da tarde no C.E.N.I.M.A de Foz (fronte a Casa do mar) darán comezo as IV XORNADAS DO PEREGRINO- HOMENAXE A ALVARO CUNQUEIRO NO 100 ANIVERSARIO DO SEU NACEMENTO promovidas pola Asociación Abrindo Camiño baixo o amparo da Exmo. Concello de Foz, A Deputación provincial e a Xunta de Galicia.

Realizada a correspondente recepción de autoridades a cargo do Sr. Alcalde de Foz , D. Javier Castiñeira, e do Presidente da Asoc. Abrindo Camiño, D. Luis Fernández Ansedes procederáse de acordo o programa seguinte:

– Inauguración da EXPOSICIÓN FOTOBIOGRÁFICA DA VIDA E OBRA DE ÁLVARO CUNQUEIRO., cedida polo Concello de Mondoñedo con carácter itinerante polos concellos da Mariña que a soliciten.

– Conferencia ; “ Cunqueiro dende Foz” a cargo de Carlos González Reigosa, escritor e xornalista , exdirector de agencia Efe presentado por Jesús Fernández López cronista e fillo predilecto de Foz.

– Mesa- debate : A posta en valor das Variantes do Camiño Norde e a súa contribución para que este sexa declarado Patrimonio Mundial da Humanidade na que intervirán Laureano García. Presidente da Agrupación de Asociacións do Camiño Norte de Santiago: País Vasco, Cantabria, Asturias e Galicia, con sede en Tineo (Asturias). Mari Rico .Coordinadora da Mesa do Camiño Norte da Costa (Concellos e Asociacións) de Asturias e Galicia. Presidenta da Aso. de Luarca. Suso Fernández. Diretcivo-delegado en Foz da Aso. Abrindo Camiño, D, juan Carlos Paleo, pre da ACIA de Foz e D. José Luis Suárez Muñiz Presidente do clube “Os sendeiros ” de Foz.

Amenizará os actos con varias intervencións musicais a Rondalla Latexos de Foz.
Coordina a delegación d e Cultura do Concello de Foz coa colaboración de Francisco Piñeiro González,como moderador dos actos.

O domingo día 10 proseguirán os actos cun percorrido da Variante Marítima de San Martiño

Exit mobile version