Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Burela ve irregularidades no proceso de selección dun socorrista que realizou unha soa proba

Nota de prensa

IRREGULARIDADES NO PROCESO DE SELECCIÓN DUN SOCORRISTA

Hai uns días tivo lugar o proceso de selección para cubrir unha praza de socorrista que quedara vacante en Burela e, á vista da acta do tribunal desta selección, non podemos menos que cualificar este proceso como un tanto irregular. Irregular por dous motivos:

en primeiro lugar, o propio tribunal apunta na súa acta que unha das persoas aspirantes á praza non cumpría os requisitos (ou, polo menos, non os acreditaba) e, polo tanto, non tiña que estar admitida.

e, en segundo lugar, resulta moi curioso que o aspirante que acadou a praza era o único que non tiñan ningún punto no apartado de formación (cursos de primeiros auxilios, socorrismo, titulación académica…), nada de nada (fronte ao resto de aspirantes que si tiñan puntación neste apartado). E, sen embargo, foi o único que na entrevista conseguiu a puntuación mínima para pasar á seguinte proba (unha proba práctica que despois non se realizou porque ao quedar só un aspirante o tribunal non considerou necesario facerlle unha proba práctica).

Así pois, esta praza de socorrista foi cuberta só en base a un criterio: as respostas orais dadas na entrevista pola persoa aprobada, posto que non tiña ningún outro tipo de méritos (só 0,25 puntos polo título de iniciación de galego), nin cursos de formación, e tampouco fixo ningún tipo de proba práctica para demostrar as súas cualidades como socorrista.

Ante estes feitos, dende o BNG reclamamos explicacións públicas por parte do Alcalde para saber se considera que este proceso selectivo foi regular e que se escolleu á persoa máis preparada para cubrir este posto de socorrista nas nosas praias, un posto dunha grande responsabilidade e que esixe persoal ben cualificado.

Exit mobile version