Nota de prensa
Jaime Cancio Rodríguez, en representación do grupo municipal de UNIFOZ na Corporación Municipal que Vostede preside .
EXPÓN:
Que na Orde do 12 de maio de 2011 da Consellería de Traballo e Benestar, establece as bases e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para aposta en práctica en Galicia durante os anos 2011-2012 de programas integradores para o emprego.
Que no noso concello na actualidade son maís de 600 persoas as que se encontarn en desemprego, sendo unha boa parte dos mesmas de colectivos en especiais dificultades ( discapacidade, Mulleres, desempregados de longa duración, menores de 30 anos….) colectivos que recolle de forma preferente a mencionada Orde de axudas.Por todo o exposto
Presentamos o seguinte ROGO :
A urxente solicitude de axuda correspondente para a posta en marcha dun PROGRAMA INTEGRADOR PARA O EMPREGO.