Nota de prensa
Jaime Cancio Rodríguez, en representación do Grupo Municipal de UNIFOZ na Corporación Municipal que Vostede preside :
EXPÓN:
Que ainda que somos conscientes das limitacións temporais do E. Goberno que Vostede preside, para poder afrontar todas as dificultades que xurden no noso Pobo nestes momentos, consideramos como prioritario a posta en marcha de servizos que condicionan que os veciños en xeral poidan disfrutar das nosas praias.
Que dende fai meses, e en particular dende que o Sr. Ministro de Fomento visitou a parroquia de Fazouro, na praia da Pampillosa encóntranse amontonados os taboleiros que posibilitan o acceso a praia para persoas con dificultades, así mesmo no Porto de Fazouro, fai xa tempo que o mar destrueu unhas escaleiras de acceso, de igual xeito que o acceso a praia de Arealonga. Por todo isto
SOLICITA:
Tome as medidas oportunas, ben por medios propios ou medianta xestións co Servizo de Costas do Ministerio para arranxar os desperfectos mencionados.