Site icon Crónica3.com A Mariña

UNIFOZ, difuso, asegura que intentou un acordo co PSOE, que prometeu que os seus votos nunca serían para facer alcalde nin ao PP nin ao PSOE e anuncia que gobernará o PP

Nota de prensa

UNIFOZ quere informar os veciños de Foz que o PP, por ser a lista máis votada polos veciños o pasado día 22 de maio, será quen gobernará no concello de Foz, despois de 16 anos de goberno do PSOE.

Esta afirmación facemola despois de ver as nulas posibilidades de chegar a acordos entre PSOE e UNIFOZ.

UNIFOZ, segue a recordar que antes do día 22 de maio dixo e prometeu os veciños que os que votaran a esta formación , os votos de UNIFOZ nunca serían para facer posible alcalde nin ao PP nin ao PSOE, e ese compromiso é o que temos que cumprir.

UNIFOZ nos últimos días intentou un posible acordo co PSOE, para que houbera un goberno de progreso en FOZ , pero entendemos que algúns personalismos impiden facer posible ese acordo.

UNIFOZ ten tamén un compromiso cos veciños de Foz de traballar para un futuro e outra forma de gobernar, e así tentaremos de cumprilo dende a oposición, facendo propostas e apoiando todos os proxectos que sexan de interese para Foz independentemente de quen os propoña.

Para o vindeiro sábado UNIFOZ votará polo seu candidato, cumprindo así o compromiso que ten cos veciños que votaron á nosa formación.

Así mesmo os tres concelleiros/as de UNIFOZ, se poñen a disposición de Corporación Municipal para traballar por Foz, cumprindo tamén así o compromiso que fixemos na campaña electoral; axudar, consensuar e mirar polo pobo. É a nosa obriga e responsabilidade.

Exit mobile version