Nota de prensa
UNHA TREINTENA DE BARES E RESTAURANTES PARTICIPARÁN NA FESTA DA SARDIÑA QUE SE CELEBRARÁ OS DÍAS 24 E 25 DE XUÑO EN FOZ. A CITA GASTRONÓMICA ESTÁ ORGANIZADA POLA ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES.
O presidente de ACIA Foz, José Carlos Paleo, explica que “queremos deste xeito rendirlle homenaxe a un dos produtos de temporada, darlle a benvida ao verán e aproveitar para celebrar o San Xoan como se merece, con sardiñas”. E engade que “ésta é a festa gastronómica do mes de xuño. Como comentamos de xeito habitual todos os meses organizamos algunha xornada ou festa deste tipo para apoiar á nosa hostelería e neste caso tamén para desenrolar o convenio que ten ACIA Foz coa Confraría de Pescadores para a promoción dos peixes e mariscos da zona”.
O establecementos que se dan cita nesta festa da sardiña son: A Maseira, A Quinta, A Bolera, A Dala, Acuario, O Amanecer, O Taco, Dallas, May-Ros, Xoyma, Anduriña, Costumes do Mar, El Rincón de Anita, Fina, O Fogar do Pelolo, Portovello, Express-Café, O Norte, Leytón, O Tangarte, A Ribeira, Namarinos, pizzería Xoiña, A Caracola, As Brasas, Dandy, O Mar, O Lar e A Terriña.