UNHA MOZA DE BURELA GAÑA NA GUARDA O V Certame de POESÍA XELA ARIAS
Laura Ramos Cuba, de 18 anos, alumna do IES Perdouro de Burela, foi a gañadora da Vª edición do Certame de Poesía Xela Arias convocado polo IES A Sangriña da Guarda en colaboración coa Deputación de Pontevedra.
A moza de Burela desprazouseá vila do Baixo Miño para recoller o premio no decurso dun acto literario organizado pola Dirección do instituto e o Equipo de Normalización da língua Galega. No salón de actos do centro educativo, o alumnado do grupo de teatro fixo o recitado de poemas da autora homenaxeada (Xela Arias) e seguidamente a profesora e escritora Marga do Val -premio da crítica 2010 polo libro de poemas A cidade sen roupa ao sol e premio da AELG de tradución por Randea do alento de Herta Müller- pronunciou unha conferencia sobre a obra obra de Valentín -o recoñecido mestre e tradutor lugués recentemente falecido- e Xela Arias así comoá importancia da literatura feminina dosúltimos anos en lingua galega.
Finalmente entregáronse os premios do Certame de Poesía Xela Arias, que lle corresponderonás seguintes persoas: 1º premio da modalidade (menores de 16 anos): VICTORIA PÉREZ GASCÓN do IES Xesús Taboada Chivite, de Verín (Ourense); 2º premio: PAULA COLLAZO CASTIÑEIRA do Colexio Obradoiro, da Coruña; 1º premio da modalidade B (maiores de 16 anos): LAURA RAMOS CUBA do IES Perdouro de Burela; 2º premio: ELISABETH REY GONZÁLEZ do IES Antón Fraguas de Santiago de Compostela; 3º premio: PABLO LOMBA RIEGO do IES A Sangriña da Guarda (Pontevedra). Fíxose mención especial para MIRIAM DOURADO CARABEL do IES Ponteceso de Ponteceso (A Coruña).
O profesorado e o alumnado asistentes ao acto recibiron como agasallo unha publicación da Deputación de Pontevedra que recolle os traballos gañadores das edicións anteriores. No mesmo figura de xeito destacado a contribución de Lucía Barrera López, tamén ex-alumna do IES Perdouro, que se fixo co primeiro premio o pasado ano.
Con posterioridadeá recepción do premio, a delegación mariñá presente no acto visitou os lugares emblemáticos da localidade guardesa, moi especialmente o parque arqueolóxico de Santa Tegra, onde recibiu as explicacións do historiador local Gustavo González e do cantautor Tino Baz.