Nota de prensa
Ontes, no Pleno extraordinario para fixar o soldo de D. José Lamela, o espectáculo de camaradería do PP-BNG que vivimos foi deplorable. Parécenos ben que o alcalde cobre polo seu traballo, pero, quero recordarlles que estamos vivindo en un concello de 2000 habitantes e que, coa decisión tomada , dos presupostos ao largo desta legislatura, teremos que apartar case 50.000 € /ano para “ben pagar” ao noso alcalde.
Quero que lle quede claro aos veciños que nestes catro anos eses 30.000.000 das antiguas pesetas que nos vai costar D José Lamela van sair dos seus impostos, que non aparecen na horta.
Está claro que, si o que estamos a vivir dende as eleccións, e fruto dun acordo-pacto PP-BNG, ambas forzas están no seu lexítimo dereito de facer o que lles pareca o máis convinte, pero teñen a obriga de explicar aos votantes o que está a suceder e deixarlles claro dende o principio que, polo que parece, non vai existir oposición con maioría absoluta senon goberno do PP con tranquilidade absoluta. Se non é este o caso esperemos que os tres partidos que non gobernamos comencemos a traballar en conxunto para frenar os despropósitos presupuestarios do alcalde e o seu equipo.
Despois do visto, espero que os veciños de Valadouro reflexionen e que, moitos dos que acusaron a UDIVAL de ser unha parte do PP dense conta do seu erro e rectifiquen. Como di o refrán, a verdade, ao igual que a honestidade, acaba saindo a luz e neste caso as intencións de cada un de nós ao presentarnos nestas eleccións xa se están a ver.