Site icon Crónica3.com A Mariña

UDIVAL critica a incoherencia do PP do Valadouro por non cadrar o soldo do alcalde coa austeridade pregoada

Nota de prensa:

Como ben sabedes D. José Lamela pretende poñerse un soldo de 2.500 €/mes con 14 pagas anuais. Dende UDIVAL non chegamos a entender como un membro dun partido que leva como bandeira ante a crisis a austeridade, chega ao goberno dun pobo relativamente pequeno “impoñendo” unha dedicación exclusiva tan abusiva, sobre todo no momento actual. Ademáis ¿qué pensa facer o alcalde todo o día no Concello?, ata o momento D. Eulogio Fdez, nestos 24 anos, era capaz de coordinar a alcaldía con dirixir a súa propia empresa, e resulta que o actual alcalde, un home moito máis novo e formado, necesita 7 horas ao día .

É ben triste que a maior preocupación do “noso” actual alcalde nestes momentos sexa lograr a súa dedicación exclusiva. Non esperou nin a quentar o sillón para pedir para si mesmo. Si esto vai a ser o que nos espera nestos catro anos que veña Dios a vernos.

Eu, como membro de unha oposición con maioría, non chego a entender como un alcalde con minoría ten valor como para proclamar a súa dedicación absoluta con tanto descaro e tranquilidade Aínda que non nos debe sorprender, pois esta está a ser a tónica que estamos a vivir dende as eleccións.

Agora é o momento de que a OPOSICIÓN se comporte como tal.

Quero recordarlle ao Sr. Alcalde que coa situación mundial, nacional e autonómica que estamos a vivir, este non é o momento ideal para pedir soldos de municipios grandes e de esixirlle aos veciños que do presuposto municipal renuncien nestes catro anos a 24 millóns das antiguas pesetas para poder ter un alcalde contento. Dende logo nós, como representantes de 300 persoas que aportan unha parte dos cartos que manexa este Concello, non vamos a apoiar un soldo que nos parece un abuso, porque ¿cantos veciños do Val terán en xullo unha nómina de 5000€ como o seu alcalde?.

Exit mobile version