Nota de Prensa.
O PSdG-PSOE de Foz considera que as medidas adoptadas pola Consellería de
Educación da Xunta de Galicia de suprimir a ensinanza superior de hostaleria,
supón un novo mazazo aeducación pública no noso Concello e na nosa comarca.
Non consideramos normal que esta decisión se tome de forma tan arbitraria e
autoritaria, sen sequera saber o numero de alumnos que se van a matricular este
ano en dito ciclo o non estar aberto o prazo de matrícula.
Ademais esta supresión vai traer aparellados uns efectos colaterais mais amplos
como é a continuidade do servicio de comedor aos alumnos de ESO, pois eran estes
alumnos xunto cos seus docentes os que se facían cargo do menú diario.
Así mesmo o PSdG-PSOE considera inxusto que nestes tempos de crise un rapaz ou
rapaza teña que desprazarse como mínimo un cento de kilómetros para cursar o
ciclo de estudios superiores de hostalería, cos conseguintes gastos que esto
acarrea, podendo rematalos na súa vila e nun centro que sempre foi referente na
formación de profesionaisda hostalería, e que esta completamente equipado, e
dotado de profesorado para impartir dito ciclo, ou incluso que, por causas
económicas non poidan chegar a cursalo.
Igual de inxusto son os postos de traballo que se van perder con esta supresión
de ciclo, tanto de docentes como de persoal de limpeza.
Esta situación volve poñer de manifesto a prepotencia que ten a Consellería de
Educación tomando medidas autoritarias sen contar co centro afectado e á marxe
da Mesa Sectorial e da representación sindical do profesorado.
Por todo esto o PSdG-PSOE reclama que se suspenda esta medida a lo menos ata
saber o número de alumnos interesados neste ciclo, e unha certa flexibilidade
sendo como é o de Foz o único centro que imparte estudios superiores de
hostalería en toda a comarca da Mariña, pois si ben un ano poden ser menos do
mínimo marcado, pode aumentar nos seguintes. Xa que tanto falan de potenciar a
FP, recordarlles que sendo a Mariña unha comarca de referencia a nivel turística
a hostalería é unha saída laboral con moitas posibilidades para os mozos e mozas
da mesma.
O PSdG- PSOE manifesta que apoiara calquera tipo de concentración pacifica
levada a cabo polo IES de Foz, ou polas familias afectadas pola supresión deste
ciclo.