Site icon Crónica3.com A Mariña

Seguiremos sendo fieis ás persoas que nos votaron como elas o foron con nós e o BNG de Foz votaráse a si mesmo

Nota de prensa

O BNG DE FOZ VOTÁRASE A SÍ MESMO NA SESIÓN DE INVESTIDURA

“Seguiremos sendo fieis ás persoas que nos votaron como elas o foron con nós”, di Basanta

Foz, 8 de xuño de 2011.- O BNG de Foz decidiu por unanimidade na Asemblea Local celebrada onte en votarse a si mesmo na sesión de investidura a celebrar o próximo sábado e non darlle a ninguén ese voto.

O BNG é consciente de que o pobo de Foz decidiu que o BNG non fose decisivo á hora de conformar o novo goberno municipal outorgándolle só un concelleiro de trece que forman a corporación. “Nós sabemos interpretar o que os veciños e veciñas de Foz nos dixeron e espero que non se trabucaran” afirma Basanta. O BNG pretendeu ser desde un primeiro momento nestas eleccións a alternativa de cambio político que Foz necesitaba, cambio no que todos coincidían pero quixeron que foran outros os que tiveran na súa man ser os protagonistas deste cambio.

Agora tócalles a outros decidir quen vai a ser o próximo alcalde e o BNG non ten ningún poder determinante á hora de conformar o novo goberno municipal. “O BNG é demasiado serio para non andar con rodeos nin para servir de muleta en negociacións por detrás da barra”, afirma o portavoz municipal do BNG.

O BNG ten clara a mensaxe que os veciños e veciñas de Foz nos transmitiron e agora toca facer unha oposición leal, transparente e buscando o interese xeral de Foz coma sempre fixo. A potestade de formar goberno déronlla a outros e eses outros deben asumir as súas responsabilidades, para ben ou para mal.

Exit mobile version