Nota de prensa:
Satisfacción no Partido Popular de Lugo polos resultados do 22-M
No comité executivo celebrado hoxe salientaron que o PP segue a ser a forza maioritaria na provincia, cun incremento do 5 por cento con respecto ó 2007. Uns resultados que permitiron ós populares gañar as eleccións en 50 dos 67 municipios de Lugo, en 40 deles por maioría absoluta
Lugo, 1 de xuño de 2011.- A provincia de Lugo é popular. Esa é a conclusión sacada hoxe polo comité executivo do PPdeLugo durante a reunión celebrada a última hora da tarde para valorar pormenorizadamente os resultados electorais tras os comicios do 22-M. Os asistentes salientaron ó traballo desenvolvido durante a campaña e os resultados logrados.
Na súa opinión, os lucenses puxeron claramente de manifesto o seu rexeitamento frontal á política levada a cabo polo Partido Socialista e que colocou ó país nunha situación tremendamente delicada e amosaronse rotundamente partidarios de que sexa o Partido Popular o que lidere o cambio que precisa o país.
Así, os populares, tras agradecer a confianza depositada neles pola maioría do electorado, salientaron que os 105.171 sufraxios acadados (o 47%) supoñen incrementar un 5 por cento (5.364 votos) os resultados das municipais de 2007.
Ata tal punto que, excluindo a variación do censo e os efectos do voto Cera, o PP atoparíase nunha porcentaxe similar ás municipais de 2003 e autonómicas 2009 e máis dun punto por riba das xerais de 2008.
O Partido Popular de Lugo, que concurriu a esta cita electoral con 24 candidatos novos, obtivo, de feito, 3.216 votos máis que PSOE e BNG xuntos, situando a Lugo como a provincia galega, só por detrás de Ourense, que mellores resultados logrou e tamén a segunda en incremento de voto (tras a da Coruña). Lugo tamén é a provincia que rexistrou un maior grao de participación, o 76,01 por cento.
Un respaldo que permitiu ós populares acadar 12 deputados provinciais e quedarse a tan só 119 votos de obter un máis no partido xudicial de A Fonsagrada e a 381 votos para duplicar ó Partido Socialista en Vilalba e, polo tanto, obter outro deputado máis.
Así, o PP foi o partido máis votado en cinco dos seis partidos xudiciais (gráficos adxuntos) e subiu, de feito, en porcentaxe de voto e en número de votos en cinco dos seis partidos xudiciais. De tal xeito que o 52,3 por cento dos concelleiros electos tras o 22-M (385) son do PP. Un dato que supón 41 ediles máis que en 2007.
No que respecta ós concellos, o PP gañou as eleccións en 50 (o 75%); por maioría absoluta en 40 (60%) e por maioría relativa nos outros dez;
e mellorou os resultados en comparanza coas municipais de 2007 en 56, é dicir, no 83,5 por cento. Este incremento do respaldo permitiu ós populares acadar as alcaldías de Begonte, Burela, Castro de Rei, Folgoso do Courel, Meira, As Nogais, Portomarín, Sarria e Triacastela.
O incremento de case 9 puntos experimentado en Lugo capital con respecto ós comicios de 2007, que se traduce en 4.416 votos máis, foi outro dos datos salientados durante a xuntanza. O PP acadou neste municipio o respaldo maioritario do electorado, o 44,25 por cento, case seis puntos por riba do PSOE.
PARTIDO XUDICIAL DE LUGO | VOTOS | MUNICIPAIS 2011 DIPUTADOS | VOTOS | MUNICIPAIS 2007 DIPUTADOS |
PP | 45.894 (46,97%) | 6 | 39.956 (39,41%) | 5 |
PSOE | 34.745 (35,56%) | 5 | 39.801 (39,25%) | 5 |
BNG | 9.534 (9,76%) | 1 | 14.157 (14,06%) | 1 |
PARTIDO XUDICIAL DE VILALBA | VOTOS | MUNICIPAIS 2011 DIPUTADOS | VOTOS | MUNICIPAIS 2007 DIPUTADOS |
PP | 12.143 (55,9%) | 1 | 11.782 (50,58%) | 1 |
PSOE | 6.262 (28,83%) | 1 | 7.740 (33,26%) | 1 |
BNG | 2.352 (10,82%) | 0 | 2.296 (9,85%) | 0 |
PARTIDO XUDICIAL DE A FONSAGRADA | VOTOS | MUNICIPAIS 2011 DIPUTADOS | VOTOS | MUNICIPAIS 2007 DIPUTADOS |
PP | 2.704 (44,24%) | 0 | 2.598 (37,28%) | 0 |
PSOE | 2.822 (46,75%) | 1 | 2.734 (39,24%) | 1 |
BNG | 460 (7,52%) | 0 | 1.207 (17,32%) | 0 |
PARTIDO XUDICIAL DE MONDOÑEDO | VOTOS | MUNICIPAIS 2011 DIPUTADOS | VOTOS | MUNICIPAIS 2007 DIPUTADOS |
PP | 24.030 (45,19%) | 3 | 23.766 (42,04%) | 3 |
PSOE | 14.125 (26,56%) | 2 | 18.566 (32,92%) | 2 |
BNG | 10.232 (19,24%) | 1 | 9.849 (17,33%) | 1 |
PARTIDO XUDICIAL DE MONFORTE | VOTOS | MUNICIPAIS 2011 DIPUTADOS | VOTOS | MUNICIPAIS 2007 DIPUTADOS |
PP | 11.998 (46,69%) | 1 | 11.843 (42,10%) | 1 |
PSOE | 6.652 (25,89%) | 1 | 7.363 (26,17%) | 1 |
BNG | 6.316 (24,58%) | 0 | 7.892 (28,06%) | 1 |
PARTIDO XUDICIAL DE CHANTADA | VOTOS | MUNICIPAIS 2011 DIPUTADOS | VOTOS | MUNICIPAIS 2007 DIPUTADOS |
PP | 8.402 (42,95%) | 1 | 9.862 (47,78%) | 1 |
PSOE | 5.809 (29,70%) | 1 | 6.956 (33,86%) | 1 |
BNG | 2.646 (13,52%) | 0 | 3.656 (17,7%) | 0 |