Site icon Crónica3.com A Mariña

Rematan as xornadas Educativas para Familias da Delegación de Educación do Concello de Foz

Nota de prensa

“XESTIÓN E DINAMIZACIÓN DE ASOCIACIÓNS”

Rematan as xornadas Educativas para Familias da Delegación de Educación do Concello de Foz

Xoves 9 de xuño de 20.00 a 21.00h no salón de actos do CEIP Nº1 de Foz.

Última das Xornadas Educativas para Familias organizadas pola Delegación de Educación do Concello de Foz.

Asistirán: Carmen Seco, Técnica de Xuventude Municipal, Arantxa Incera, Concelleira de Educación e Lucía Lage, psicopedagoga.

As familias xogan un papel vital na educación dos fillos, a relación que se establece coa escola e a participación activa nos diferentes ámbitos do eido escolar é fundamental para lograr unha educación eficaz e de calidade. As Asociacións de Nais e Pais de Alumnos son imprescindibles para fomentar a implicación das familias no desenrolo dunha educación completa dos nosos fillos e para a colaboración cos equipos directivos dos centros. A asociación é moitas veces quen complementa ademais a oferta educativa a través de diversos servizos: xestión de comedores, actividades extraescolares, representación en Consellos Escolares, Comisións, etc. e polo tanto a existencia da mesma e o seu óptimo funcionamento é o obxectivo principal desta proposta.

Neste taller dirixido ás familias que se desenvolverá nunha sesión de 1 hora, trátase toda a información necesaria para a constitución e o funcionamento dunha Asociación de pais e nais de alumnos: pasos a seguir para o seu constitución e legalización, documentación, federacións, funcións, dereitos e deberes, actividades para mellorar a participación dos socios, a información, experiencias, toma de contacto con outras asociacións, etc.

A actividade lévase a cabo cunha presentación dos contidos en ppt. ao longo da cal se van desenrolando diversas actividades participativas para que os asistentes expoñan os seus puntos de vista, dúbidas, ideas, problemas frecuentes, etc. Realízase ademais un test en grupo para valorar “a saúde” da asociación e como preámbulo á mesa redonda para a posta en común de distintas experiencias e puntos de vista de membros de ANPAs. A mesa redonda está composta por directivas de outras ANPAs da comarca, o monitor encargado da actividade e un representante municipal, para aportar información sobre os servizos que teñen a súa disposición no Concello, ver como funcionan outras asociacións, etc.

Exit mobile version