NOTA DE PRENSA
Ante as recentes noticias aparecidas nos medios de comunicación sobre temas de actualidade e que consideramos de especial interés para os veciños e os intereses do nóso Concello, como pode ser a conservación e o mantemento das praias cara o verán que recén comenza, e o tema da ubicación da subestación eléctrica nos montes de Piñeira, responsables do PARTIDO POPULAR no Concello, presentaron na maña de hoxe un relatorio de preguntas para súa resposta urxente polo Alcalde de Ribadeo, e que se transcriben a continuación:
¿Cáles son os motivos que levaron ao Alcalde e ao equipo de gobernó a non estar presente no acto Institucional de entrega polo organismo Adec de Bandeiras Azules e no que se distinguiu con neste distitntivo a Praia de Os Castros e mailo Porto Deportivo pola calidade das suas augas, e o seus equipamentos en servicios e infraestructuras?
¿Conta o Concello de Ribadeo cun plan de actuación nas praias do Concello (salvamento, control da salubridade das augas, saneamentos, aparcamentos…) para o verán 2011?
¿Porqué no primeiro fin de semana do verán a Praia dos Castros recentemente distinguida co distitntivo de bandeira azul carecía de servicios de salvamento, de duchas, sanitarios…?
¿Non cree o Alcalde que deficiencias como estas poden ser a causa da perda da bandeira azul?
Durante o fin de semana saiu publicado nos medios a oposición dos veciños de Piñeira por razons ambientais a ubicación da subestación eléctrica na finca proxectada pola Compañía eléctrica BEGASA- EON:
¿Reuniúse o Alcalde cos veciños afectados para informalles sobre o tema e escoitar a súa opinión?
¿Ten previsto Alcalde reunirse cos veciños afectados para escoitar a sua proposta de nova ubicación?
¿A decisión do Alcaldede de apoiar a ubicación da Subestación no lugar proxectado pola Compañía eléctrica en vez de no proposto polos veciños basease nalgun informe técnico?
¿Solicitou o Alcalde da Compañía eléctrica un estudio do impacto ambiental que a ubicación da subestación causaría na zona proxectada nos núcleos de poboación próximos?