NOTA DE PRENSA
CONCURSO DE CARTEIS FESTA DA MERLUZA CELEIRO
OBXECTIVO XERAL:
Facer partícipes da Festa da Merluza do Pincho de Celeiro toda a poboación de Celeiro, do Concello de Viveiro, e por extensión de toda Galicia.
Elaborar o cartel de promoción e publicidade da XIV edición da Festa da Merluza de Celeiro.
REQUISITOS DOS PARTICIPANTES:
Poderán participar no concurso todas aquelas persoas que o desexen sen límite de idade.
CONTIDO DA ACTIVIDADE:
Os participantes deberán realizar un cartel relacionado co pobo de Celeiro e coa festa da merluza en particular.
O cartel deberá levar como mínimo o seguinte contido:
XIV FESTA DA MERLUZA
SÁBADO 16 DE XULLO DE 2011. 21.00 HORAS
LONXA VELLA-PORTO DE CELEIRO
ORGANIZA: ACD PENALBA-COLECTIVO CHILINDRÍN (LOGOS)
PATROCINA: PUERTO DE CELEIRO S.A. (LOGO)
COLABORAN: CONCELLO DE VIVEIRO (LOGO)
DEPUTACIÓN DE LUGO (LOGO)
COFRADÍA DE PESCADORES DE CELEIRO (LOGO)
PRAZO:
Os interesados deberán presentar os proxectos antes do día 22-06-2011 inclusive.
O gañador comunicarase o día 24-06-2011.
O proxecto poderase remitir á seguinte dirección:
colectivochilindrin@gmail.com
Xunto co cartel que se presente será necesario que o participante cubra a instancia que consta como anexo 1 destas bases en duplicado exemplar, sendo unha das copias para el mesmo, e presente a documentación que se lle requiere no citado anexo.
VALORACIÓN E XURADO:
O xurado estará formado por:
Presidente da ACD Penalba.
Vicepresidente da ACD Penalba.
Concelleira/o de Cultura do Concello de Viveiro.
Actúa como secretario, con voz e sen voto, o Secretario da ACD Penalba.
Valorarase:
Orixinalidade.
Estilo.
Técnica.
Expresividade artística.
A relación coa festa a celebrar.
Todos aqueles datos que o xurado considere oportunos.
PREMIO:
Premio único para o cartel elexido: 200,00 €