Site icon Crónica3.com A Mariña

Péchase favorablemente o conflito xudicial iniciado polo goberno local de Cervo no ano 1999 sobre o Plan Placer

Nota de prensa

Con esta sentencia péchase o conflito xudicial iniciado polo Goberno local do Partido Popular no ano 1999

A XUSTIZA RATIFICA DEFINITIVAMENTE QUE O CUSTE REAL DO PLAN PLACER ERA UN 57% INFERIOR AO QUE PRETENDÍA ABOAR O PARTIDO SOCIALISTA

Cervo, 25 de xuño de 2011.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e as concelleiras Yolanda Pedreira (Educación e Emprego) e Tania González (Facenda, Servizos Sociais e Cultura), deron a coñecer esta mañá o contido da sentencia do Xulgado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na que desestima o recurso de apelación interposto pola empresa contratada polo anterior goberno municipal socialistas para facer as obras do plan de asfaltados de Cervo (Plan PLACER) contra a sentencia de setembro de 2010 do Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo e obrígalle a devolver ás arcas municipais 156.574,23 euros.

Segundo indicou o rexedor, esta resolución xudicial é definitiva e non cabe recurso algún, “e polo tanto, ven a pechar definitivamente un contencioso no que o Partido Popular leva loitando dende hai máis dunha década, cando chagamos á responsabilidade deste Goberno municipal”.

Villares fixo unha exposición pormenorizada dos distintos contenciosos que leva mantendo o Concello coa empresa adxudicataria destas obras dende o ano 1999. Salientou que nesta derradeira sentencia o TSXG ven a confirmar unha vez como probado “e acreditado pericialmente” que a valoración económica dos traballos realizada polo Concello e por empresas externas era correcta, “e segundo eses cálculos o montante real dos traballos foi un 43% do que pretendían aboar os socialistas cando subscribiron este acordo durante a súa etapa á fronte deste Concello”.

Segundo o mandatario local, son moitas as explicacións que debe dar os socialista a tódolos veciños de Cervo. “Deben explicar cales son os intereses que os moveron e moven para levar adiante este tipo de decisións irregulares, escuras e prexudiciais para os veciños de Cervo” enfatizou.

Villares lembrou tamén que tódolos integrantes dos gobernos do Partido Popular no Concello de Cervo nestes 12 últimos anos  defenderon os intereses de tódolos veciños “e o exemplo está no que hoxe a xustiza acaba de ditaminar: que o Partido Socialista pretendía que a cidadanía deste concello pagara 2.626.422 por unhas obras que non valen nin a metade diso; algo que leva defendendo o Partido Popular nestes últimos anos” recalcou.


P.D: Axuntamos sinopse do contencioso Plan Placer

SINOPSE PLAN PLACER

Custe inicial contratado polo Goberno local do PSOE 2.626.422,90 €
Recuperado/aforrado polo Goberno local do PP 1.487.815,45 €
CUSTE REAL 1.138.607,45 €

(43% do inicialmente presupostado)

Exit mobile version