Site icon Crónica3.com A Mariña

Os xuvenís clausuran a tempada como subcampións da Copa Galicia

Nota de prensa:
OS XUVENÍS CLAUSURAN A TEMPADA COMO SUBCAMPIÓNS DA COPA GALICIA

O Burela FS Xuvenil clausurou este sábado a tempada 2010-11 en Lugo como subcampión da Copa Galicia, tras unha final goleadora na que a balanza se inclinou a favor do Xacobeo Lobelle de Santiago (6-10).

A pesar do equilibrio do primeiro período, os laranxas tiveron que pelexar co marcador en contra, con 1-4 ao toque do descanso.

Con diferenza de 1-6, o Burela sacou forzas para nivelar o electrónico ata reducir as distancias con 4-6, a falta de 11 minutos, pero de novo puxeron terra por medio os composteláns, con 4-8. O cadro mariñán intentou volver ao partido con xogo de cinco, pero os goles non conseguiron variar a dianteira santiaguesa.

O vicepresidente da Federación Galega de Fútbol, Plácido Díaz, foi o encargado de facer entrega do trofeo de campión.

Exit mobile version