Nota de prensa
Os novos alcaldes do Partido Popular fixaron as principais liñas de traballo que rexirán a súa acción de goberno
Lugo, a 16 de xuño de 2011.- Os alcaldes do Partido Popular que tras a conformación das corporacións locais se estrean no cargo mantiveron esta tarde un Lugo unha primera reunión de traballo co presidente provincial para establecer al liñas de actuación que presidirán o seu mandato.
Unas liñas de actuación que seguirán, segundo recalcaron, os principios defendidos durante a campaña electoral, polo que optimizar a xestión será un obxectivo prioritario no que a aplicación do principio de austeridade, tanto á hora de conformar o equipo de goberno como de establecer as prioridades do gasto, marcarán a súa actuación.
A eficacia na xestión, a transparencia e a búsqueda de colaboración con outras administracións, aspecto que consideraron prioritario dada a grave situación económica xeral, serán outros dos aspectos prinicipais que rexirán a súa acción de goberno.
Durante o encontro co presidente provincial José Manuel Barreiro os 14 novos rexidores populares dos 44 que tomaron posesión (Begonte, Burela, Castro de Rei, Folgoso do Courel, Foz, Guitiriz, Meira, As Nogais, Palas de Rei, Portomarín, Sarria, Sober, Triacastela e O Valadouro) amosaron a súa preocupación pola situación económica na que se atopan os seus municipios. A este respecto conviñeron a perentoria necesidade de efectuar unha análise rigurosa das contas dos seus respectivos concellos para coñecer con exactitude o estado no que se atopan, xa que esta situación condicionará de xeito determinante a súas inminentes e futuras actuacións de goberno.