Nota de prensa:
OS SOCIALISTAS RECLAMAN EXPLICACIÓNS AO CONCELLO DE XOVE POLO VERQUIDO NO CASTRO DE SUMOAS
-Din que segundo todolos indicios, o concello de Xove verteu sobre o castro varios camións de terra con grave risco para a integridade do patrimonio
-Advirten que de ser así, a actividade do concello de Xove ten que ser investigada pola Dirección Xeral do Patrimonio e evitar que o patrimonio arqueolóxico se poña en perigo
Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2011. O deputado Ismael Rego xunto coa portavoz de Cultura do Grupo Parlamentario Concepción Burgo anunciaron que rexistraron dúas iniciativas na Cámara Autonómica nas que reclaman explicacións sobre o verquido sucedido no Castro de Sumoas no concello de Xove.
Sinalan que a asociacións Adega e Mariña Patrimonio veñen de denunciar a agresión sufrida polo castro de Sumoas, un castro inventario radicado no concello de Xove. Segundo todos os indicios, o concello de Xove verteu sobre o castro varios camións de terra con grave risco para a integridade do patrimonio.
Advirten que de ser así, a actividade do concello de Xove ten que ser investigada pola Dirección Xeral do Patrimonio e evitar que o patrimonio arqueolóxico se poña en perigo.
Sinalan que segundo apuntan os medios de comunicación, a Consellería de Cultura e Turismo vai enviar aos seus técnicos para avaliar a situación.
Por todo isto formulan as seguintes preguntas:
1.ª) Que valoración fai a Consellería de Cultura e Turismo sobre o sucedido no Castro de Sumoas do concello de Xove?
2.ª) Realizou a Consellería de Cultura e Turismo unha investigación sobre este suceso?
3.ª) Cales son as conclusión desta investigación?
4.ª) Sufriu o dito castro danos polos vertidos de terra producidos?
5.ª) Que medidas vai adoptar a Consellería de Cultura e Turismo para evitar os danos ocasionado ao castro?