Nota de prensa
PSdeG – Psoe de O Valadouro. Grupo Municipal.
Mostrar a nosa profunda decepción e nos consta que a de
moitos veciños de O Valadouro incluíndo a votantes do BNG por lo
acontecido no pleno de organización do noso concello.
E preocupante que o concelleiro electo nas listas do BNG o
señor Eduardo Chao vote afirmativamente a unha dedicación
exclusiva do alcalde que vai supoñer unhos 47.000,00€ de gasto
anual para as arcas do concello. Isto con unhos orzamentos do ano
2009 sen consignación polo tanto e sen estudio de viabilidade para
o futuro, o lóxico será presentar unhos orzamentos novos e incluír
unha partida suficiente nos mesmos para cubrir o soldo e
seguridade social do señor alcalde.
Sendo este tema preocupante o que mas nos doe e ver o
“chaleneo” entre o PP e o concellal Eduardo Chao, pois en vez de
cumprir o falado entre a oposición prefire ir da mao do señor alcalde
representando a o concello no CEIP, na gardería e na
Mancumunidade Rio Ouro (por certo esperamos que colla posesión
na mesma e no faga, como o seu compañeiro de filas que na
anterior lexislatura non acudeu a tomar posesión propiciando así a
maioría do PP na mesma). No sabemos si este “entente cordial”
entre o PP y o señor Eduardo Chao vai a converterse en algo
estable, de momento a presenza de este concelleiro nos órganos de
representación supramunicipal e o seu apoio a dedicación exclusiva
do alcalde vainos custar 3.872 € o mes a todos os veciños do
Valadouro, iremos vendo, de momento sumamos e seguimos.