Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Foz considera que se goberna o PP será polas ansias de poder do candidato de UNIFOZ

Nota de prensa:

O PSOE DE FOZ CONSIDERA QUE SE GOBERNA O PP OS VINDEIROS CATRO ANOS SERÁ CONSECUENCIA DAS ANSIAS DE PODER DO CANDIDATO DE UNIFOZ

-Os socialistas defenden que “se dous partidos políticos pactan para gobernar, o alcalde debe formar parte da forza máis votada”

-Esperan que “de aquí ó sábado impere o sentido común e que UNIFOZ e o seu candidato saiban recoñecer a realidade”

O Partido Socialista de Foz asegura que “despois das últimas declaracións vertidas ós medios polo candidato de UNIFOZ, Xaime Cancio, o Partido Popular gobernará finalmente o noso Concello despois de 16 anos de mandato socialista. Non porque nós non esteamos en disposición de chegar a un acordo senón porque cremos de xustiza que cando dúas forzas políticas pactan debe ser a que conseguiu máis votos a que obteña a alcaldía”.

Os socialistas subliñan que “as eleccións reflexaron que a maioría dos veciños de Foz queren un goberno de esquerdas, o PP non alcanzou a maioría absoluta e UNIFOZ, BNG e PSOE, lograron entre os tres a maioría dos votos”.

Dende o PSOE focense sinalan que “non será culpa nosa que o PP logre gobernar Foz en minoría. As ansias de poder do candidato de UNIFOZ non lle deixan ver a realidade. Consideramos que todo é negociable á hora de chegar a acordos pero cremos de sentido común que a alcaldía lle corresponde á forza máis votada, neste caso o PSOE conseguiu catro concelleiros mentras que o partido de Xaime Cancio logrou un menos e quedou con tres”.

Neste senso, engaden que “de hoxe ó sábado esperamos que impere o sentido común e que UNIFOZ e o seu candidato sexan capaces de aceptar a realidade e ver que hai outra forza política con máis votos e máis concelleiros”.

Asimesmo, os socialistas recoñecen que “se non é posible o acordo, estaremos na oposición estes catro anos cumprindo coa confianza que depositaron en nós tódolos veciños que nos votaron o pasado 22 de maio. Intentaremos facer unha política de oposición responsable e razoable, como se merece o pobo de Foz”.

Exit mobile version