NOTA INFORMATIVA
O Grupo Municipal do Partido Popular de Ribadeo escomenzou o seu traballo despois de tomar posesión os catro concelleiros o pasado sábado 11 de xuño.
Como grupo maioritario da oposición trataremos, desde a lealdade institucional, de facer un seguimento pormenorizado e diario ó traballo que desenvolva o goberno do BNG, mantendo un contacto permanente e cercano cos veciños, tando da zona rural como do casco urbano, antempoñendo os intereses dos ribadenses a calquera plantexamento partidista.
Faremos propostas e impulsaremos iniciativas que figuran no noso programa electoral que, desde sempre, calificamos de realista e para desenvolver en catro anos.
Dentro desta liña de traballo, pretendemos dar a coñecer ós veciños a noso estructura interna como Grupo Municipal e de que temas nos imos a encargar cada un dos catro concelleiros do Partido Popular:
MANUEL VALIN VALDES (Cultura, Medio Rural, Desenvolvemento Local e Cemiterio). Portavoz.
JOSÉ MANUEL YAÑEZ DABLANCA (Educación, Saúde e Servizos Sociais, Mocidade, Sociedade da Información, Tráfico e Seguridade Cidadá)
AZUCENA GONZÁLEZ LOREDO (Turismo, Muller e Igualdade, Economía e Facenda e Consumo)
CAMPO LÓPEZ-BRAÑA FREIJE (Obras, Deportes, Medio Ambiente e Mariño e Urbanismo)