Nota de prensa:
DA NECESIDADE DE APROBACION DUN PLAN XERAL DE ORDENACION DO USO DAS NOSAS PRAIAS…
O pasado venres día 24 nun acto institucional celebrado en Santiago de Compostela e presidido polo Presidente da Xunta de Galicia, a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (Adeac), organismo comisionado pola UE, fíxo entrega das bandeiras azuis coas que se recoñece neste ano 2011 a calidade ambiental, de servicios e infraestructuras de determinados arenais e portos das Costas galegas, entre as que se atopa unha das praias máis singulares da nosa vila cal e a de Os Castros asi como o Porto Deportivo.
Neste acto estiveron presentes os Alcaldes e Concellerios galardoados quenes en nome dos seus respectivos Concellos recibiron o merecido distitintivo, se ben, non foi este o caso do Alcalde de Ribadeo quén nin acudiu persoalmente nin tampouco o fixo un Concelleiro do equipo de goberno na sua representación. Descoñecemos cales puideron ser os motivos que lle levaron a non estar presente neste acto, dende logo non pode ampararse na falla de persoal xa que sendo sete os concelleiros do equipo de governo ben podía un deles trasladarse a Santiago en representación do noso Concello e recoller o merecido distintivo, máxime cando se trata dun acto de representación institucional con especial transcendencia mediática, polo que entendemos que a ausencia do nóso Alcalde, ou alomenos dun Concelleiro, non soio resulta inxustificada senón que é un exemplo de falla de sentido institucional, pois cumpre recordarlle o Alcalde, que él é o Alcalde de todolos Ribadensese, e non só dos que lle votaron, tendo por tanto a obriga de representalos a todos ante o conxunto da Comunidade.
A grande trascendencia mediática e social do distintivo da Bandeira Azul ven acreditada pola propia controversia xerada trala recente decisión da Adeac de retirarlla á Praia de As Catedrais, xustificada tanto pola falla de profesionalidad do personal encargado do arenal, asi como pola falla de servicios, polo deficiente estado das duchas ou a escasez de infraestructuras, deficiencias das que xa no ano 2008 fora advertido o Alcalde e respecto das que, e non obstante tratarse de competencias cuya prestación cae dentro do ambeto de actuación exclusivo do Concello, e non doutras Administracións, non se adoptou ata de agora ningunha solución para remedialas facendo o Alcalde unha deixacion total das suas obrigas, e que tiveron como consecuencia a perda deste recoñecemento para a Praia de As Catedrais.
Pero esta deixazón de funcións dende o Concello na adopción de medidas que garantan a conservación e mantemento das nosas praias, se puido comprobar por calquera que neste fin de semana (primerio do verán) se acercara ata a Praia de Os Castros, única das nosas praias distinguida neste ano co distintivo da bandeira azul, e na que non había servicio de socorrismo, os sanitarios estaban pechados, faltaba limpeza na praia… todo o cal pode ser causa de que esta Praia sea sancionada tamén coa perda da bandeira azul, perda da que só o Alcalde e o seu equipo de goberno serán responsables.
As nosas praias (As Catedrais, Esteiro, As Illas, Os Castros…) ademais de seres un dos reclamos turísticos máis importantes da nosa vila, coas conseguintes e importantes repercusións económicas que delo se derivan, son, sobor de todo, monumentos naturales e paisaxísitcos singulares, que precisan de especiales medidas de protección que garantan a sua conservación e sostenibilidade como maravilla da natureza que son, todo o cal esixe dunha especial dilixencia na súa xestion, que non se pode facer depender de medidas aisladas e ocasionales, senon que require dun PLAN DE ACTUACIÓN XERAL que contemple dende as medidas dirixidas a conservación do medio e do seu entorno, á prestación dos servicios de socorrismo, pasando polo servicio de limpeza das praias, aparcamentos, duchas, sanitarios… sendo obriga do Alcalde e do seu equipo de Goberno dotar o Concello deste instrumento de ordenación do uso das nosas praias, elaborado con rigor e tempo suficente para que chegado o verán fora executivo, pero non é así, de xeito que a xestión e mantemento destes recursos naturais e económicos un ano mais continúa a depender de decisión ailladas e extemporáneas, o que nos leva ante un novo exemplo de deixazón de funcións e obrigas por parte do Alacalde e o seu equipo de Goberno.