Nota de prensa:
Os populares fan un chamamento para que o Alcalde actúe con responsabilidade e austeridade sobre todo tras recoñecer no seu discurso de investidura a importante dificultade económica pola que pasa a Facenda local
O GRUPO POPULAR TAN SÓ APOIARÁ UNHA DEDICACIÓN EXCLUSIVA NO EQUIPO DE GOBERNO MUNICIPAL
·1 De actuar en sentido contrario se estará demostrando que o pacto de goberno o único que persegue é resolver situacións persoais dos seus integrantes e non mirar polos intereses xerais dos veciños de Mondoñedo.
·2 No PP consideran que o alcalde
·3 Os populares rexeitan que o pacto bipartito entre as dúas forzas perdedoras das eleccións traia consigo un goberno máis caro do que tivera representado o do PP que comprometíase a reducir as dedicacións tanto en número como en contía.
Mondoñedo, __ de xuño de 2011.- O Partido Popular tan só apoiará o recoñecemento dunha dedicación exclusiva para o equipo de goberno municipal de Mondoñedo e, polo tanto, rexeita a posibilidade de que volva a ter lugar o que aconteceu na pasada lexislatura cando dous membros do Goberno municipal dispoñían dunha as dedicación exclusiva cada un e, polo tanto, cobraran dous salarios a costa dos fondos municipais.
O PP entende ademais que a dedicación exclusiva que están dispostos a apoiar tería que recaer só na figura do alcalde, tal e como acontece no resto dos concellos da comarca onde é o rexedor municipal quen asume esta dedicación exclusiva. “O alcalde unha vez que volve de segundas, debe facelo ao fronte do concello e non ter delegado as súas funcións noutras persoas, pois o modelo anterior xa fracasou e foi castigado nas furnas, xa que tanto BNG como PSOE perderon votos”.
Os populares fan un chamamento para que o alcalde actúe con responsabilidade, sobre todo tras recoñecer no seu discurso de investidura a importante dificultade económica pola que pasa a Facenda local. Non sería comprensible que por unha banda estivera falando da necesidade dunha xestión marcada pola austeridade e pola outra, estiveran despilfarrando cartos nos soldos dos membros do goberno.
Os populares consideran que en caso de actuar e sentido contrario a o que se lles está a demandar, desde o Equipo de Goberno municipal estarían demostrando que co pacto bipartito o único que se persegue é resolver situación persoais dos seus integrantes e non mirar polos intereses xerais dos veciños de Mondoñedo.
Desde o PP lamentan que a suma das dúas forzas políticas perdedoras das pasadas eleccións impliquen un goberno moito máis caro do aconsellable, tendo en conta a situación actual, e lembran que o PP comprometeuse na campaña electoral a que, de acceder á alcaldía, reduciría tanto o número como a contía das dedicacións económicas dos membros do goberno.