Nota de prensa:
ESCRITO DE IMPUGNACIÓN
Elena Canadia López, con D.I.N. número 33341791W, na súa condición de portavoz do PARTIDO POPULAR DE MONDOÑEDO (Lugo) comparece e como mellor proceda en dereito:
EXPÓN:
Que recentemente o Concello de Mondoñedo estableceu as Bases Reguladoras do proceso de selección convocado para a cobertura de NOVE postos de peón especialista do Grupo Municipal De Intervención Rápida (GRUMIR).
A devandita oferta laboral desenvólvese ao abeiro do establecido na Orde da Consellería de Traballo e Benestar do o 30 de decembro de 2010 (DOG nº ID do 17 de xaneiro) que regula a convocatoria para o exercicio de 2011 dos programas de cooperación para accións de fomento do emprego por parte das entidades locais .
O proceso de selección guiarase polo sistema de CONCURSO OPOSICIÓN e segundo o establecido nos baremos incluídos nas referidas bases, que en todo caso deberan responder as criterios de igualdade, mérito e capacidade.
Ao entender deste Grupo Municipal o contido das BASES presentan irregularidades manifestas o que ademais de prexudicar ao desenvolvemento do proceso, poderían implicar a nulidade das contratacións ou implicar a perda da subvención concedida.
É polo que interpón as seguinte
ALEGACIÓNS:
PRIMEIRA.- As bases non recollen a titulación esixida para ingresar no posto de referencia negando por isto a esixida transparencia e obxectividade do proceso de selección: De feito establécese no seu articulado, no apartado c) estar en posesión ou en condicións de obter o titulo académico esixido nas bases para ingresar no posto de referencia na data que remate o prazo de presentación de instancias.
A pesares diso as devanditas bases NON DETERMINAN os títulos, a formación ou os requisitos e características que deben reunir os traballadores e traballadoras que se contratarán para o adecuado desempeño das funcións inherentes aos postos de traballo ofertados.
SEGUNDA.- Na valoración de méritos contida nas bases non se recolle como susceptible de obter puntuación a experiencia demostrable como VOLUNTARIO DE PROTECCIÓN CIVIL, nin se esixe tampouco dispoñer do TÍTULO BÁSICO DE PROTECCIÓN CIVIL, nin se valora ningunha formación específica para o desempeño das funcións propias do persoal do GRUMIR.
A devandita circunstancias obvia o especial e singular tratamento que se lle da os GRUMIR dentro da propia Orde de convocatoria das subvencións, ao entender os mesmos como infraestructuras que permiten a prestación por parte dos concellos galletos, cun ámbito de actuación supramunicipal, dos servicios de protección civil, de protección do medio ambiente, prevención e extinción de incendios e en xeral aquelas dirixidas a salvagarda das persoas, dos seus bens e patrimonio público.
Polo exposto
SOLICITAMOS
Que se dea por presentado este escrito, dándolle a tramitación que en Dereito corresponda e, en definitiva, dítese resolución pola que estimando estas alegacións se proceda a corrixir as irregularidades detectadas e poida evitarse así a perda de dereitos para os demandantes de emprego que optan a estes postos de traballo.