Nota de prensa
Os populares foron a formación política máis votada e quedaron a escasos votos da maioría absoluta
É O PP CONVOCA A ASOCIACIÓNS E COLECTIVOS LOCAIS PARA EXPLICAR O SEU PACTO POR MONDOÑEDO
· Solicitará formalmente tamén unha reunión con PSOE e BNG para obter resposta da oferta realizada: integrar a socialistas e nacionalistas na Comisión de Goberno local.
Mondoñedo, 1 de xuño de 2011.- O Partido Popular de Mondoñedo convocou ás asociacións e colectivos locais na súa condición de forza política máis votada, para explicarlles cal é o seu programa de goberno para os vindeiros catro años e as condicións do pacto por Mondoñedo ofrecido ao resto das forzas políticas. Os populares quedaron a escasos votos da maioría absoluta o que lles outorga a lexitimidade e capacidade política para tomar a iniciativa na conformación do futuro goberno municipal.
O PP solicitará tamén, de xeito inmediato, unha xuntanza de urxencia cos representantes do PSOE e do BNG ao obxecto de coñecer as súas impresións da oferta realizada nos pasados días e respecto da que aínda non obtiveron resposta. Os populares amosábanse dispostos a integrar a socialistas e nacionalistas na Comisión de Goberno local que, no seu caso presidiría a popular Elena Candia.
Desde o PP insisten en facer un chamamento á responsabilidade democrática do resto das forzas políticas que só pasa por respectar a vontade dos veciños de Mondoñedo expresada de xeito contundente a través do apoio maioritario ao PP e aos seu programa de goberno. Os populares consideran que sería un grave erro que por riba dos intereses dos veciños se antepuxeran cuestións partidistas ou incluso personais.
Na formación política que lidera a popular Elena Candia insisten en amosar a súa disposición para asumir o goberno municipal fronte á alternativa de reeditar un pacto xa caduco. Os populares lembran que durante os pasados catro anos foron múltiples as veces –reflectidas incluso nos distintos medios de comunicación- nos que desde a anterior alcaldía se queixaban e cualificaban como ingobernable a situación municipal.