NOTA DE PRENSA
O PP burelés apoia a organización municipal proposta por Barcia.
Considera necesaria e importante a rebaixa anual de máis de sete mil euros efectuada sobre o total das retribucións dos cargos políticos.
O PP pídelle á oposición que se comporte con lealdade e que respecten as reglas do xogo democrático.
Burela, 25 de xuño de 2011.- O Partido Popular de Burela trasladou hoxe á opinión pública o seu absoluto apoio á organización da corporación municipal, distribución de tarefas, temporalización de plenos, etc., que vén de fixar o equipo de goberno que lidera González Barcia.
Os populares consideran axeitada tal distribución por varias causas: o PP xa dixo hai catro anos que fixar plenos cada mes podería conducir a plenos vacíos de contido e gasto innecesario, como así aconteceu, polo que se considera correcto que haxa un pleno ordinario cada dous meses. Por outra banda, mantéñense as comisións informativas existentes, xustamente para darlle cabida ás opinións da oposición, ainda que resulta sorprendente que agora a portavoz do Grupo Mixto e o portavoz socialista soliciten celeridade na reunión da comisión de seguemento do PXOM, cando eles paralizaron esta comisión. Ademais, o PP mantén conxeladas as asignacións por asistencia a plenos e comisións, e baixa a asignación ós grupos políticos, eso sí, coa oposición do Grupo Mixto, que pedía que se mantiveran, cando resulta que ó mesmo tempo pedía unha reducción salarial das adicacións exclusivas.
No que se refire ás adicacións exclusivas, as tres que vai ter o equipo de goberno van supoñer vinte horas semanais máis de adicación ó concello, pero cunha reducción de sete mil cincocentos euros anuais sobre o fixado polo bipartito, o que demostra que os cidadáns deste concello saen gañando de forma clara. Esta distribución representa que se pode facer máis con menos, a base de traballo e esforzo, cousa que sempre se votou en falla no bipartito anterior.
Finalmente, e á vista dos plenos celebrados, tanto o de investidura do novo alcalde, coma o de organización, pedímoslle ós grupos da oposición, socialista e mixto, que non busquen bronca e que actúen con lealdade, con respecto ás persoas, e sobre de todo con respecto ás regla do xogo democrático, que, catro anos despois, volven a situalos nas bancadas da oposición.
PP de Burela.