Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP considera unha boa noticia que o DOG publique a licitación das obras da fortaleza de Tovar

Nota de prensa

A deputada presentara varias iniciativas no Parlamento instando a adoptar medidas de protección para este edificio singular do século XVI

EMMA ÁLVAREZ CUALIFICA DE “MOI BOA NOTICIA” A LICITACIÓN DAS OBRAS DA FORTALEZA DE TOVAR, PUBLICADA HOXE NO DIARIO OFICIAL DE GALICIA

Santiago, 14 de xuño de 2011.- A deputada do Grupo Popular Emma Álvarez Chao cualifica de “moi boa noticia” a licitación das obras de consolidación e acondicionamento da Fortaleza de Tovar, en Lourenzá, publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia, por un importe de 300.000 euros.

A deputada presentara varias iniciativas no Parlamento instando a adoptar medidas de protección para este edificio singular do século XVI, ao obxecto de evitar que se derrubara debido ao mal estado de conservación.

Álvarez Chao xustificou estas iniciativas no valor histórico e arquitectónico da Fortaleza e na súa privilexiada situación preto da costa e do Camiño e Santiago e a escasos quilómetros do Mosteiro de San Salvador de Lourenzá, declarado Ben de Interese Cultural.

A deputada organizara tamén unha visita do Conselleiro de Cultura para visitar o edificio, así como outras instalacións do Concello e un encontro do dono do pazo co director xeral de Patrimonio da Xunta ao obxecto de estudiar vías de colaboración.

Exit mobile version