Site icon Crónica3.com A Mariña

O performer Serefín Marcos representa “Cuspídeme enriba” no Perdouro de Burela e no I.E.S. de Foz

O I.E.S. Perdouro de Burela e o I.E.S. de Foz organizaron a representación de “Cuspídeme enriba”

Nota de prensa

ACTUACIÓN DE SERAFÍN MARCOS NO I.E.S. PERDOURO E NO I.E.S. DE FOZ O XOVES, 9 DE XUÑO

O PERFORMER NOIÉS ACHEGARÁ A FIGURA DE LOIS PEREIRO AO ALUMNADO DE BURELA E FOZ

Os Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (ENDL) do I.E.S. Perdouro, de Burela, e mais do I.E.S. de Foz organizaron conxuntamente a representación do espectáculo “Cuspídeme enriba”, da man do performer Serafín Marcos, artista cunha recoñecida traxectoria e probadas aptitudes para a poética da provocación.
Á actividade asistirá alumnado destes dous centros, a fin de coñecer mellor, e dun xeito lúdico, a vida e obra de Lois Pereiro (autor homenaxeado este ano co Día das Letras Galegas).
O xoves, 9 de xuño, terá lugar no I.E.S. Perdouro a primeira sesión, de 10:25 a 11:15 h. Despois, o artista desprazarase ao I.E.S. de Foz, onde fará un segundo pase, de 12:50 a 13:40 h.

———————

“cuspídeme enriba” é un achegamento á obra de Lois Pereiro e ás súas circunstancias vitais. Un espectáculo dinámico, ameno e participativo para tódalas idades. Un ouveo que reúne o amor e maila morte. Unha ponte dende a poesía ó corpo. Un río de vida que flúe entre os asistentes e os engule. Un golpe vital antes de que este soño derradeiro se mergulle no océano da nada, no secreto pacto co silencio. Un soño que prorroga a vida, un sortilexio para saír da morte. A imaxinación mergullada nas palabras, nas accións que van na procura dun rumbo dirixido ás imaxes nun mapa do tacto, das pegadas dos sons, do ecoar de recendos. Unha pinga pendurada sobre unha illa secreta no interior do corpo. “Unha mensaxe húmida de vida e de furia necesaria”.

Os asistente participan sen descanso durante 50 minutos mergullándose no mundo das verbas-imaxes de Lois Pereiro. Xa rematado o espectáculo, unha unidade didáctica lles axudará a entender, diferenciar e fixar na súa memoria os elementos expostos.

Todo elo nun espazo sen montaxes, sinxelo, limpo. Os asistentes encherémolo de movemento e vida. Cabemos todos?, entón é suficiente.

Exit mobile version