Site icon Crónica3.com A Mariña

O Grupo de teatro do IES Vilar Ponte de Viveiro representará o 17 de xuño no Partor Díaz

Nota de prensa:
TEATRO NO PASTOR DÍAZ

Este venres 17 de Xuño ás 20,00 o Grupo de Teatro IES VILAR PONTE formado por 13 alumnos/as da ESO e dirixido pola profesora María Lozano representará por 2ª vez no Teatro Pastor Díaz a obra : “AVENTURAS E DESVENTURAS NO CAMIÑO DE SANTIAGO DA PRINCESIÑA SOCORRO, O TROBEIRO CAROLO E O DEMO DOS CORNOS”.
Remata aquí o percorrido que o Grupo fixo por moitas vilas de Galicia, dende a Semana de Teatro afecionado de Ribadeo ata a V Mostra de Teatro do Miño, onde resultou gañadora do premio especial do público.
Finalista resultou tamén na 8ª edición dos premios Buero de Teatro, recollendo ademais na Gala de entrega de premios na Coruña Andrés Vicente Díaz de 3º da ESO a mención especial como actor.
A obra, apta para todos os públicos, ambientada na época medieval e no Camiño de Santiago, conta como Corbillón, demo e conselleiro real, pretende á princesa Socorro, que está namorada do Trobeiro. Para afastalos, induce ao Rei a que envíe o namorado a Compostela, de peregrino. Pero a princesa, valente e decidida sae tras el. Comeza así a gran aventura do Camiño onde se van cruzar con personaxes como: un Cabaleiro revirado, a Vía Láctea, San Francisco de Asís…
Ao fin, ao non trunfar os malvados, os namorados logran chegar a COMPOSTELA.
O Grupo espera que a xente que acoda ao teatro volva a rir outra vez con esta divertida
Comedia de aventuras.

Exit mobile version