5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente: COAS NOSAS RÍAS, NON SE XOGA!
Avanzo do manifesto:
“A instalación de gaiolas para o cultivo do salmón na ría de Muros e Noia representa outro episodio na confrontación entre dous modelos de obtención de alimentos. Por unha banda, o da pesca de baixura, o marisqueo e os cultivos mariños que aproveita os recursos propios e depende do bo estado das rías. Por outra, o modelo da acuicultura industrial intensiva que fabrica peixes en cadea e deixa graves danos nos ecosistemas acuáticos. […] Esiximos da administración a retirada dos proxectos de acuicultura intensiva do salmón nas rías e dos peixes planos no litoral. Demandamos o apoio decidido dun modelo extractivo sustentábel, baseado na pesca artesanal, no marisqueo e nos cultivos mariños de bivalvos, e centrado na conservación dos ecosistemas litorais.