Nota de prensa
_O deputado mariñán é o Secretario da Mesa do Parlamento, forma parte polo
tanto, do órgano rector da cámara lexislativa galega_
__
*JOSE MANUEL BALSEIRO COMPATIBILIZARÁ O SEU CARGO NO PARLAMENTO GALEGO COA
TENENCIA DE ALCALDÍA EN CERVO E A SECRETARÍA PROVINCIAL DO PP DE LUGO*
**
·En calquera caso renuncia a percibir remuneración económica algunha do Concello
de Cervo tal e como ben facendo desde 2005.
*Santiago, 20 de xuño de 2011.-*Jose Manuel Balseiro compatibilizará o seu cargo
no Parlamento de Galicia –onde é deputado e secretario da Mesa da Cámara- coa
primeira tenencia de alcaldía no Concello de Cervo e a secretaría provincial do
PP de Lugo.Concilia polo tanto, as funcións propias da súa representación
institucional –os cargos para os que foi elixido polos cidadáns: como deputado
autonómico e concelleiro en Cervo- coas distintas responsabilidades orgánicas
dentro do Partido Popular, entre elas a portavocía municipal.
O parlamentario mariñán desenvolverá todas estas funcións pero o fará novamente
renunciando, tal e como vén facendo desde o ano 2005 –data na que foi elixido
deputado-a obter remuneración económica algunha do Concello de Cervo e, polo
tanto, non percibirá salario algún por exercer a tenencia de alcaldía, pola
portavocía municipal ou pola súa pertenza á Comisión de Goberno local.
Jose Manuel Balseiro é, desde o inicio da presente lexislatura autonómica, o
Secretario da Mesa do Parlamento, un cargo para o que foi designado polo actual
presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo e que supón a súa pertenza ao órgano
rector da cámara lexislativa galega. Ao mesmo tempo mantén o seu compromiso
representativo cos seus veciños tanto a nivel provincial, como autonómico e local.
O deputado popular subliña que todas as funcións son perfectamente compatibles e
incluso insiste na maior utilidade que, no tocante á mellor defensa dos
intereses dos veciños de Cervo, implica a posibilidade de exercer estas diversas
responsabilidades orgánicas e institucionais.