Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Lourenzá procede á roza de 50 quilómetros de pistas forestais

Nota de prensa:
A través dun convenio de colaboración coa Consellería de Medio Rural para a participación na prevención de incendios forestais

O CONCELLO DE LOURENZÁ PROCEDE AO DESBROCE DE 50 KM DE PISTAS FORESTAIS

Faránse actuacións nas catro parroquias do Concello

Lourenzá, 28 de xuño do 2011.- O Concello de Lourenzá a través dun convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Rural para o desbroce das marxes das pistas forestais para a participación na prevención de incendios forestais desbrozará 50 km de pistas forestais repartidos entre as catro parroquias do municipio.

O obxeto das actuacións de conservación e mellora das pistas forestais é manter a rede de pistas en boas condicións de conservación, dotar ao monte dunha boa defensa fronte aos incendios forestais, e facilitar o aproveitamento dos recursos que ofertan ou poden ofertar os montes do concello (extracción de madeira e leñas, pastos, caza e outros produtos silvestres).

Os traballos de mellora iniciaranse en breve e centraranse nos tramos de pistas máis deterioradas polo paso do tempo, as inclemencias metereolóxicas e o uso, ademáis de priorizar aquelas pistas cuia situación é clave para a extinción en caso de producirse un incendio forestal.

As tarefas programadas consistirán na limpeza e desbroce de camiños, mediante a eliminación da vexetación existente.

Exit mobile version