Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Cervo mostra as súas condolencias polo pasamento do ex-alcalde D. Jaime Costas

Nota de prensa:
DECRETO DE ALCALDÍA Nº 403/2011

En virtude das facultades que me confire a lexislación vixente, e con motivo do falecemento de D. Jaime Costas Rodríguez, que ocupou a Alcaldía deste Concello durante a lexislatura comprendida entre outubro de 1975 e abril de 1979, esta Alcaldía, como medida de urxencia, ACORDA:

PRIMEIRO.- Arriar a bandeira do Municipio entre as 08:30 horas do luns 13 de xuño ata as 08:30 horas do martes 14 de xuño, como homenaxe ao falecido, durante cuxo tempo dita bandeira permanecerá con crespón negro.

SEGUNDO.- Manifestar formalmente as nosas condolencias á familia máis próxima.

TERCEIRO.- Entregar coroa floral como recoñecemento do noso pesar ante tal suceso.

Así o resolve, manda e asina o señor Alcalde – Presidente, Cervo, 13 de xuño de dous mil once.

O alcalde,

Alfonso Villares Bermúdez

Exit mobile version