O alcalde de Barreiros anuncia que a Deputación convoca a concesión de prazas para pensionistas que desexen participar no programa de Saúde e benestar no camiño de Santiago. Poderán participar no nomeado programa as persoas maiores de 50 anos. O prazo de presentación de solicitudes será dende o día 20/06/11 ata que se cubran a totalidade das prazas e os meses a solicitar serán de agosto a decembro. Maior información, así como para tramitación de solicitudes, no Concello, departamento de servizos sociais.