Nota de prensa
Torneo Interparroquial de Billarda 2011
O Torneo Interparroquial 2011, que se disputou o pasado domingo 26 de xuño na pista de cemento a carón do campo de fútbol da Devesa, resultou un novo éxito billardeiro que se consolida e os Billardeiros Musicais revalidan título e fanse de novo co “año mouro da LNB” (año que comezou sendo mouro e trocou un ano mais en albino).
Temos que decir que este torneo dispútase por equipos formados con xente da misma parroquia ainda que na liga formen parte de outros equipos. No caso tanto dos Billardeiros Musicais como de Os Outros, ao seren todos de Ribadeo, participan ámbolos dous cos seus equipos titulares si ben trocan o nome por Ribilleiros e Riboutros respectivamente.
Malia que Riboutros e Vilamar viñan mantendo a súa liorta dialéctica particular en pos de quen dos dous sería o gañador, os Ribilleiros entraban en tódalas quinielas e deixaron craro que eles so falarían sobre o terreo de xogo cos palán é as billardas, como así sucedeu e xa dende o comezo deixaron claro que viñan dispostos a rapar a ovella.
Equipos do Sur e do Centro tiñan anunciado a súa presencia pero finalmente por distintas causas non compareceron de modo que os enfrontamentos quedaron así:
Na pista 1, a sorte emparellou os Riboutros (actuais campións da conferencia norleste) cos Ribilleiros e co voluntarioso equipo Astur. Con menos atrancos dos previstos, os Ribilleiros foron alonxandose ata quedar de primeiros.
Na pista 2, o equipo de Remourelle tiña enfronte a San Cosme e a Vilamar, que nesta ocasión non opuxeron moita resistencia e sucumbiron ante o poderío de Remourelle (moi ben reforzado polo fillo pródigo Muriego e mais por Bea que deixaron mostra da súa categoria).
A final estaba servida, dous clásicos revivían vellos enfrontamentos, ámbolos dous pasaron folgadamente a proba de grupos, agora tocaba ver como se desenvolvían na loita corpo a corpo. Cinco series de cinco carreiras para decidir si o año voltaba para a montaña ou ficaba mais perto da ribeira.
Comezaron pegando os Ribilleiros que logo das dúas primeiras series gañaban por dúas carreiras de diferencia. Nas dúas seguintes foi Remourelle quen dominou chegando a igualar o marcador.
As derradeiras cinco carreiras comenzaron con Muriego Vs. Daniel empatados e Ginés Vs. Hugo tamen empatados, foi Markytos (o bicampeón e actual subcampión nacional) quen primeiro lle votou a man enriba o año co seu triunfo sobre Suso e na seguinte carreira Franco (o italogalego superstars) rematou de pillalo gañándolle a Andres. Xa todo o pescado estaba vendido, a derradeira carreira non tiña nin tivo influenza, Bea Vs. Julio ficaron empatados.
De novo e por segundo ano consecutivo, os Ribilleiros foron quen de gañar o año. Podemos confirmar que a estas horas está xa colgado e listo para pasar o conxelador en espera de que todos xuntos lle fagamos a festa.
A xornada espléndida que disfrutamos redondeouse con un xantar conxunto no mesmo lugar, donde as tortillas, empanadas, xamón e churrasco foron regadas con abundante viño e algún que outro culín de sidra. O noso sporto non está reñido ca boa mesa, antes bén goza dela.
Ao remate, o equipo Asturiano recibiu un agasallo por parte dos anfitrións quedando emplazados para o vindeiro sábado 2 de xullo acudir a Pillarnu (Avilés) na disputa do “Pitu Caleya”.