Nota de prensa
*O Burela vence o Córdoba (4-3) e cóase nas semifinais da Copa de España
(sábado, 18.30 horas)*
O Burela FS Pescados Rubén verase as caras mañá co Móstoles FSF na semifinais da
Copa de España en Vista Alegre, a partir das 18.30 horas. As xogadoras de
Pardeiro, arroupadas por unha numerosa e animada afección, tomaron a dianteira e
a iniciativa para impoñerse ao Cajasur Córdoba por 4-3.
Pola mañá, a bomboneira acollerá a outra semifinal ás 12.00 horas entre o Ponte
Ourense SAD e o Rioja Diamante.
*_Ficha técnica_*
*Burela FS Pescados Rubén:* Jozi, Lucía, Vanessa, Claudia e Dolo, no cinco
inicial; tamén xogaron Lidia, Milena, Ro
*Cajasur Córdoba:* Cati, Alicia, C. Delia, Isa e Dany, no cinco inicial; tamén
xogaron Noe, L. Bestué, Inma Sojo
*Goles:* 1-0, minuto 2, Dolo; 2-0, minuto 4, Lucía; 2-1, minuto 19, p.p.; 3-1,
minuto 29, Ro; 3-2, minuto 33, Inma Sojo; 3-3, minuto 35, Isa; 4-3, minuto 36,
Vanessa.