Manda güevos, resulta que si unha panda de incompetentes toman unha decisión errónea e tras premelos rectifican, ao alcalde de quenda so se lle ocorre mostrar agradecemento .
Isto é un alcalde con futuro, tirando a pelotilla, ignorante e imberbe, que non debe saber que eses que desde Lugo e Santiago se deixan caer por aquí, de cando en cando, fano para xustificar o seu cargo, os seus emolumentos, o seu status e para que que o bisoño do día teña a oportunidade de arrastrarse un pouco. Non o fan para resolver os nosos problemas.
Un alclade defende ao seu pobo, reivindica as súas necesidades e enfrontase aos problemas para solucionalos. Non pasa media vida arrastrado e a outra media dando as gracias a pipiolos bagabundos.
Xosé Rego