Nota de prensa:
OS NOVOS CONCELLEIROS DO EQUIPO DE GOBERNO FÁNSE CARGO DAS DELEGACIÓNS DE DESENVOLVEMENTO LOCAL E TURISMO, SAÚDE E SERVIZOS SOCIAIS E MOCIDADE E SOCIEDADE DA INFORMACIÓN. O REXEDOR CONVIDOU AO PP A FORMAR PARTE DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL, PERO OS POPULARES DESBOTARON ESA POSIBILIDADE.
Ribadeo, 16 de xuño de 2011. Os novos concelleiros do equipo de goberno Ana Martínez, Teresa González e Xavier Campos fánse cargo das Delegacións de Desenvolvemento Local e Turismo, Saúde e Servizos Sociais e Mocidade e Sociedade da Información. Éste foi un dos asuntos que se deron a coñecer no pleno ordinario celebrado onte no Concello e no que tamén se crearon as comisións informativas e a xunta de portavoces.
A sesión plenaria deu comezo cunha pequena intervención do alcalde, Fernando Suárez, na que sinalou que o seu equipo traballará coa mellor das intencións e agarda que “todos esteamos á altura do que a cidadanía nos encomendou a cada un”. O rexedor deu a benvida aos novos concelleiros, que nuns casos chegan por primeira vez á política municipal e noutros voltan despois de varios anos de ter pasado xa polo Concello. No pleno tomou posesión do seu cargo o edil Francisco Rivas e a alcaldía presentou un informe sobre a constitución de grupos municipais e decretos relativos á composición da xunta de goberno local, nomeamento de tenentes de alcalde e delegación de competencias da alcaldía na xunta de goberno local.
O reparto das Concellarías queda da seguinte maneira. A primeira tenente de alcalde, Mariluz Álvarez Lastra, segue a ser a concelleira de Cultura, Educación e Igualdade; o segundo tenente de alcalde, Vicente Castro, é o concelleiro de Facenda, Medio Rural, Obras e Deportes; a terceira tenente de alcalde, Ana Martínez, é a responsable das Concellarías de Desenvolvemento Local e Turismo; Horacio Cupeiro, o cuarto tenente de alcalde é o concelleiro de Medio Ambiente, Medio Marino, Consumo e Cemiterios; Teresa González é a concelleira de Saúde e Servizos Sociais e Xavier Campos é o responsable de Mocidade e Sociedade da Información. Da Alcaldía dependerán Persoal, Urbanismo e Tráfico.
Xunta de goberno
O alcalde, Fernando Suárez, explicaba este mediodía que “a xunta de goberno agora será monocolor, compoñerémola cinco persoas do equipo de goberno, aínda que debo dicir que, a pesares de que temos maioría absoluta, eu suxerínlle ao PP que unha das prazas podería ser ocupada por eles porque nos parece que é un grupo importante, formado por catro concelleiros, e penso que poderían estar dentro da xunta de goberno local para ver os asuntos que alí se plantexan e poder participar no goberno a través órgano. Eles declinaron a invitación, nós entendémolo, respectámolo, pero que quede claro que se lles ofreceu esta posibilidade”. O rexedor explicou que “tamén repartimos a representación nos diferentes colexios e centros de ensino do noso concello no Gregorio Sanz, no Dionisio Gamallo e na Escola de Idiomas. Nós podíamos ocupar todas as vocalías, pero tamén quixemos que os grupos puideran participar. Sorpréndeme que o único concelleiro do PSOE rexeitase participar en calquera destes consellos escolares porque dixo que non tiña interese ningún para él. PP, UPRI e BNG nos repartimos a representación nos centros de ensino”.
Comisións municipais
Suárez Barcia tamén se referiu á composición das comisións municipais “porque hai algunha novidade que non depende do alcalde nin da vontade do alcalde. Agora haberá o grupo do BNG, o grupo do PP e o grupo mixto, dado que hai uns partidas que só teñen un concelleiro e por sí mesmos non poden formar grupo propio. De aí que se constitúe un grupo mixto no que estarán o concelleiro de Upri e o concelleiro do PSOE, que terán que repartirse as comisións informativas ás que deban ir porque non poden estar en todas os dous”. O alcalde subliñou que “para salvar este escollo e como a min hai un aspecto que me preocupa que é o urbanismo, gustaríame que a aprobación do plan xeral de ordenación muinicipal e do plan especial do casco vello se fixese co concurso e coa participación de todos. De aí que os debates que terán lugar se producirán nunha xunta de portavoces onde sí estaremos un membro de cada grupo político e o alcalde, sen perxuizo de que as decisións que aquí adoptemos as ratifiquemos nas comisións informativas pertinentes e no pleno lóxicamente”.
Asignacións económicas
Na sesión plenaria de onte, segundo relata o rexedor, “tamén se debatiron as asistencias a sesións, as aportacións anuais aos grupos, en definitiva os asuntos económicos. Aquí obtamos pola prudencia e pola moderación e rabaixamos algo que xa se rebaixou hai catro anos, por asistencia as sesións plenarias os concelleiros do equipo de goberno e da oposición percibirán 50 euros por cada pleno, antes eran 60, e por asistencia a cada comisión colexiada percibirán 30 euros. Debo dicir que o alcalde non percibe nada por estas cuestións”. No pleno aprobóuse a adicación exclusiva de Fernando Suárez, “gañarei un pouco menos do plantexado no ano 2007. Naquel momento plantexei unha media entre o que gañaba Balbino Pérez Vacas de alcalde e o que gañaba eu como tenente de alcalde, e agora resulta unha cantidade un pouco inferior de tal maneira que seguirei cobrando o que cobrei este mes, é dicir uns 2.000 euros líquidos mensuais en 14 pagas, que veñen ser 38.000 euros ao ano. Podería ser menos ou máis, hai algúns Concellos no noso entorno que tendo a metade menos de poboación que Ribadeo teñen a máis dun liberado con cantidades notablemente superiores a esta, eu estou na política porque me gusta, non preciso vivir dela, pero mentras estea nela teño que ter un salario si quero atender correctamente aos veciños. Eu teño un posto de traballo nun Concello veciño, pero si me dedico a él non pode atender correctamente aos veciños. Penso que ese debate está superado”.
O rexedor engadiu que “reiteramos e repetimos que quixemos ter unha secretaría da Alcaldía porque queremos seguir dando un bó servizo á xente. Un alcalde dun Concello como o de Ribadeo con 10.000 habitantes necesita atender a moitísima xente, necesita viaxar moito, estar en todos os foros de discusión nos que Ribadeo teña algo que dicir e polo tanto necesita unha persoa que poida canalizar un pouco esta marea de xente que ven todos os días a falar co alcalde, co obxectivo de prestar un mellor servizo. Así o acordamos e o aprobamos coas mesmas retribucións que viña tendo ata o de agora que son uns 1.200 euros líquidos ao mes”.
Fernando Suárez dixo que “hai que apretar o cinto e seguir dando exemplo para dentro do Concello e para fóra. Digo para dentro porque hai moitos funcionarios que cobran máis do que vai cobrar o alcalde e para fóra porque é un exemplo de que nunha situación económica adversa é o momento de facer estas actuacións de contención do gasto. E ao mesmo tempo e a pesares de ter unha maioría absoluta importante queremos seguir repartindo xogo entre todos os grupos da Corporación, respectándoos porque todos son representantes lexítimos do pobo de Ribadeo”.