Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela anuncia a constitución da Xunta de Goberno para o venres

Nota de prensa:
MAÑÁ CONSTITÚESE A XUNTA DE GOBERNO DO CONCELLO DE BURELA. O ALCALDE, JOSÉ Mª GONZÁLEZ BARCIA, ANUNCIOU QUE O VINDEIRO LUNS COMEZARÁ A TRABALLAR O GRUPO MUNICIPAL DE INTERVENCIÓN RÁPIDA.

Burela, 16 xuño de 2011. Mañá venres terá lugar a partires das 13 horas a constitución da xunta de goberno do Concello de Burela. Deste órgano forman parte o alcalde, José Mª González Barcia, e os concelleiros Manuel Fernández Valle, Diana Durán García, José Casas Martínez e Patricia López Eijo. A continuación dese acto ás 13:15 horas celebraráse a súa primeira sesión de traballo.

O rexedor, José Mª González Barcia, ven de confirmar que “nas últimas horas tiveron lugar as probas de selección dos socorristas que vixiarán as nosas praias durante as vindeiras semanas. A intención é que se incorporen aos seus postos o antes posible”.

O alcalde tamén anunciou hoxe que o grupo municipal de intervención rápida empezará a traballar o vindeiro luns 20 de xuño.

Exit mobile version