O VINDEIRO 18 DE XUÑO TERÁ LUGAR O ACTO DE APERTURA DA TERCEIRA TEMPADA DO EIDO DOURADO, UNHA NOVA POSTA DE LARGO QUE CONTARÁ COA ACTUACIÓN DA BANDA DOS KREVINSKY.
Barreiros, 10 de xuño de 2011. O vindeiro 18 de xuño ás 20 horas terá lugar o acto de apertura da terceira tempada do Eido Dourado na praia de A Pasada en San Miguel de Reinante. Para esta nova posta de largo Celso Dourado contará coa presenza e coa actuación da banda dos Krevinsky.
O artista barreirense explicou que “o acto váise estructurar en dúas partes principais. Unha primeira que se desenvolverá nos xardíns do Eido Dourado e suporá a inauguración dunha escultura feita ex profeso por Puchades en aceiro cortén e concebida para o Eido Dourado. Tamén abriremos a exposición renovada deste espazo cunha mostra dos traballos realizados cos barnices coloreados como aportación técnica destacada. E na segunda parte desta nova tempada o Eido Dourado será tomado polo universo Krevinsky, contaremos coa banda dos Krevinsky, que darán un concerto nos xardíns. Estarán acompañados do director da película, Kiko Otero, que nos vai esbozar unha similitude entre a concepción do Eido Dourado e a do propio argumento da película”. Celso Dourado agarda contar coa presenza dos actores destacados como Miguel de Lira e Luis Tosar, entre outros, “isto dalgún xeito foi un pouco idea de Miguel de Lira, o ano pasado estivo con nós na apertura, acababa de estrearse o filme de Os Krevinsky e él encontraba unha grande similitude coa concepción do Eido Dourado e debémoslle un pouco a idea de facer isto a Miguel de Lira. Ao final do concerto serviránse uns viños e uns pinchos. O acto é aberto ao público en xeral”. A xornalista e actriz barreirense Comba Campoy será a encargada de conducir a apertura da nova tempada do Eido Dourado.
Dourado agarda mantera o longo dos vindeiros tres meses o nivel de visitas dos veráns pasados, “sempre é un reto tremendamente persoal que a min implícame todos os anos renovar a exposición permanente. Neste 2011 seguiremos coas visitas guidas, que serán os xoves pola tarde, en principio, e esperamos celebrar algún concerto que outro nos xardíns. É un reto. A exposición foi renovada en máis da metade e sigo profundizando na técnica dos barnices coloreados. Penso que hai unha mostra interesante este ano”.
O Eido Dourado aparece nalgunhas guías holandesas e alemanas e neste 2011 tamén estará presente nunha publicación española. O artista contou que “o ano pasado viñeron a finais de tempada un equipo de Casa y Campo para facer unha reportaxe e ao final fixero dúas para miña sorpresa. Un sobre min e sobre a miña obra, que a van sacar despois do verán e outra sobre os xardíns, que foi o que máis lles impactou. Esta reportaxe está previsto que salga neste mes de xuño. Casa y Campo é unha das máis importantes revistas de decoración e de diseño en estilo rústico do panorama do estado español e que se fixen en nós é unha delicia”.