Nota de prensa
CONCELLO DE XOVE PLENO DE ORGANIZACIÓN MUNICIPAL
ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA, CELEBRADA POLO PLENO DO CONCELLO O DÍA 17 DE XUÑO DE 2011.
Na Casa Consistorial do Concello de Xove, sendo as dez horas do día dezasete de xuño de dous mil once, baixo a presidencia do Sr. Alcalde-Presidente, D. José Demetrio Salgueiro Rapa, e coa asistencia dos señores Concelleiros á marxe relacionados e do Secretario D. Luís María Fernández del Olmo, procedeuse a celebra-la sesión ordinaria convocada para a hora e día da data.
Sendo a hora sinalada, polo Sr. Alcalde-Presidente, declarouse aberta a sesión, procedéndose ó debate e votación dos asuntos incluídos na orde do día.
(…)
15º) PROPOSTA DA ALCALDÍA SOBRE DESEMPEÑO CON DEDICACIÓN EXCLUSIVA DO CARGO DE TERCER TENENTE DE ALCALDE, E DELEGADA DE AGRICULTURA, GANDEIRIA E MONTES, CULTURA, E EDUCACION POR Dª MARIA DOLORES MEITIN GUERREIRO E DETERMINACIÓN DE RETRIBUCIÓNS. ADOPCIÓN DE ACORDO.
Por Secretaría, dáse conta da proposta da Alcaldía que se transcribe literalmente:
“De conformidade co disposto no art. 13.3 e 4 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais de 28 de novembro de 1986, e Art. 75 da Lei 7/1985, e visto o disposto no Art. 141 da Lei Xeral da Seguridade Social, proponse ó Pleno Municipal:
1º) Que o exercicio por parte da Concelleira e Terceiro Tenente de Alcaldía e Delegada de Agricultura, Gandería e Montes, Educación e Cultura, Dª María Dolores Meitin Guerreiro, se desempeñe en réxime de dedicación exclusiva, por consideralo preciso para o bó servizo os veciños, fixándose unhas retribucións brutas de 14 pagas de 2.356,58 € (ditas pagas devengaránse mensualmente, correspondendo ós meses de xullo e decembro o abono das pagas extraordinarias).
2º) A cantidade referida incrementarase para exercicios sucesivos do mesmo xeito que para o persoal do Concello, segundo o establezan as respectivas Leises de Presupostos Xerais do Estado, e normativa de aplicación.
3º) Facultar a Alcaldía Presidencia para a realización de cantos actos, tramites ou xestións sexan precisas para o bo fin dos acordos adoptados.”
(…)
16º) PROPOSTA DA ALCALDÍA SOBRE DESEMPEÑO CON DEDICACIÓN PARCIAL DO CARGO DE SEGUNDA TENENTE DE ALCALDE, E DELEGADA DE SERVIZOS SOCIAIS, SANIDADE, XUVENTUDE, MULLER E POLITICAS DE IGUALDADE, POR Dª ANA ABAD LOPEZ, E DETERMINACIÓN DE RETRIBUCIÓNS. ADOPCIÓN DE ACORDO.
Por Secretaría dáse conta da proposta da Alcaldía que se transcribe literalmente:
“De conformidade co disposto no art. 13.3 e 4 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais de 28 de novembro de 1986, e Art. 75 da Lei 7/1985, e visto o disposto no Art. 141 da Lei Xeral da Seguridade Social, proponse ó Pleno Municipal:
1º) Que o exercicio por parte da Concelleira e Segunda Tenente de Alcaldía e Delegada de Servizos Sociais, Sanidade, Xuventude, Muller, e Políticas de Igualdade, Dª Ana Abad López se desempeñe en réxime de dedicación parcial (15 horas semanais), por consideralo preciso para o bó servizo os veciños, fixándose unhas retribucións brutas de 14 pagas de 1.001,79€. (ditas pagas devengaránse mensualmente, correspondendo ós meses de xullo e decembro o abono das pagas extraordinarias).