A moza burelesa Laura Ramos Cuba, que recentemente finalizou os estudos de Bacharelato no IES PErdouro, acaba de recibir o 1º premio na 27ª edición do Certame Literario María Soliño convocado en Cangas do Morrazo. Con este novo premio, Laura Ramos consolídase -xunto con Lucía Barrera López- como un dos referentes da xeración emerxente “Modelo Burela” constituída por mozas e mozos de entre 15 e 20 anos con extraordinaria fluidez en tres linguas internacionais e con notable dominio da expresión literaria en lingua galega.
Laura Ramos Cuba gaña o certame María Soliño en Cangas do Morrazo
Laura Ramos Cuba gaña o certame María Soliño en Cangas do Morrazo
Relacionado
-
Cariño prepárase para despedir o 2024 e dar a benvida ao aninovo cunha gran festa gratuíta para todos os veciños e veciñas, programada para a noite do martes ao mércores
-
A asociación Camiña incorpora novas tecnoloxías grazas ao apoio da Fundación Once
-
A Garda Civil imputa en calidade de investigado a un veciño de Ribadeo, de 19 anos de idade, como suposto autor de delitos de danos e lesións