Site icon Crónica3.com A Mariña

Joma será o novo sponsor oficial do CD Burela FS de cara á tempada 2011-12

Nota de prensa

JOMA, NOVO SPONSOR DO CD BURELA FS

Joma será o novo sponsor oficial do CD Burela FS de cara á tempada 2011-12. O responsable da área de fútbol sala do departamento de mercadotecnia da empresa deportiva, Óscar Jiménez, reuniuse a semana pasada co director xeral da entidade laranxa, José Luis Sáez, e o directivo Antonio Couto para asinar o contrato de patrocinio polo que a marca proverá de vestimenta deportiva o Burela FS masculino e feminino, así como as categorías de base.

Creada en 1965, a actividade da empresa española está especializada en calzado téxtil e deportivo de fútbol, fútbol sala, atletismo e tenis, cunha distribución por máis de setenta países de todo o mundo. A vinculación de Joma ao mundo do fútbol sala en España está relacionada coa sponsorización de recoñecidos equipos como o Inter Movistar, o OID Talavera ou o AD Sala 10 Zaragoza, ademais de colaborar con numerosos xogadores de Honra e Prata e máis dunha decena de clubs no resto de Europa, Asia e América.

Dende o CD Burela FS, José Luis Sáez destacou o peche deste acordo “como un paso adiante na consolidación da estrutura burelista, por chegar a bo porto nas negociacións cunha marca de prestixio internacional que viste os mellores clubs futbolísticos”.

Exit mobile version