Site icon Crónica3.com A Mariña

Inícianse ás xornadas educativas para familias da Delegación de Educación do Concello de Foz

Nota de prensa

“SEMENTANDO LECTORES”

Luns 6 de xuño de 20.00 a 21.00h no salón de actos do CEIP Nº1 de Foz.

Inícianse ás Xornadas Educativas para Familias organizadas pola Delegación de Educación do Concello de Foz.

Asistirán: Mª Jesús Álvarez, responsable da Biblioteca Municipal e Arantxa Incera, Concelleira de Educación e Lucía Lage, psicopedagoga.

A Todos os pais encántanos que os nosos fillos lean porque sabemos que cos libros non so se aprende, senón que ademais se pasa ben. En cambio uns nenos devoran libros mentres outros non os queren nin ver. ¿Por que? ¿Que podemos facer os pais para que os nosos fillos e as nosas fillas gocen lendo? Ler é unha actividade fundamental para adquirir coñecementos. Os nenos que len ben obteñen maiores éxitos e mellores cualificacións nos estudios. Ter o hábito de ler é unha condición necesaria para aprender con máis facilidade.

¿Que podo facer para que o meu fillo lea máis? Non é doado dar solucións eficaces, a pesar dos anos de experiencia de moitos profesionais, e moito menos solucións das que pedimos os pais: que teñan éxito inmediato e que esixan pouco tempo e pouco esforzo. Como podedes comprender, ninguén vos pode proporcionar un remedio destas características, entre outras cousas, porque en educación non existen  remedios milagrosos.

A sesión iníciase coa presentación en Power Point “Sementando lectores”, ao longo da cal se vai expoñendo a importancia da implicación das familias para favorecer o hábito lector dos rapaces, as vantaxes dos libros, cómo fomentar a lectura desde a casa, outros lugares: bibliotecas e librerías, recomendacións para animación lectora segundo a idade dos nenos, etc. Ao longo da presentación vanse facendo preguntas xerais para que as familias interveñan e expoñan a súa opinión sobre cada un dos temas tratados. Dentro do apartado de consellos para familias inclúese un conto “Flis-Fli-Ris-Flás” a partir do que se traballará en distintas técnicas para aprender a contar contos e xogos entorno ao mesmo como exemplo para outras lecturas. O remate da presentación abre dous debates: ¿Cómo sementar lectores? e Tv, Pc,…Vs Libros.

A todos os asistentes se lles entrega ademais un dossier coa documentación básica tratada na sesión: consellos para familias, lectura e internet ( enlaces a bibliotecas virtuais, páxinas de fomento da lectura, actividades interactivas de lectura e escritura, webs de editoriais…clasificadas por idades),  información da biblioteca do centro e da biblioteca municipal (actividades, horarios, servizos, etc.) listas de lecturas recomendadas segundo a idade dos nenos, etc.

Exit mobile version